Cnidarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cnidarios
Sea nettles.jpg

Chrysaora quinquecirrha un Cnidario

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Radiata
filo: Cnidaria
Subfilos eClase

Os Cnidarios (Cnidaria, ortiga) son un filo que agrupa arredor de 10.000 especies de animais relativamente simples, que viven exclusivamente en ambientes acuáticos, maioritariamente mariños. O nome deste filo é debido a una característica diagnóstica que presentan estes animais, a presenza dunhas células chamadas cnidocitos, presentes nos tentáculos de todos os membros do filo e é inxectada ás presas cando rozan o cnidocilio do cnidocito. Teñen simetría radial e o seu plan corporal é en forma de saco. Son os animais máis simples que presentan células nerviosas e órganos dos sentidos (estatocistos, ocelos). Son un grupo antigo, con una larga historia fósil que se remonta, probablemente, á fauna de Ediacara, arredor duns 600 millóns de años atrás. Dentro de este grupo se encontran animais como os pólipos, as medusas ou os corais.

Índice

[editar] Características

Os cnidarios son animais diblásticos con simetría radial primaria. As súas células se organizan en duas capas que actúan como unidades funcionais (tecidos), aínda que moitas células inda gardan certa independencia e totipotencia. Teñen so dúas follas embrionarias, ectodermo e endodermo, carecendo por tanto de mesodermo, aínda que as veces existe un tecido análogo (ectomesodermo) de orixe ectodérmica, non de orixe endodérmica como o auténtico mesodermo dos triblásticos, e do cal nunca derivan órganos internos complexos.

A súa organización corporal é en forma de saco; o aparato dixestivo ten un so orificio que actúa como boca e ano ao mesmo tempo, e unha cavidade gastrovascular en forma de saco onde se realiza a dixestión e que se utiliza tamén como sistema de distribución dos nutrientes e do osíxeno, e como sistema excretor.

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Cnidarios
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Bibliografía

  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3.
  • Knoll, A. H., 2003. Life on a Young Planet. The First Three Billion Years of Evolution on Earth, Princeton University Press, New Jersey, USA, X+277 pp. ISBN 0-691-00978-3

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas



Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida

Ferramentas persoais