Conversa modelo:Sexo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ao meu modo de ver este modelo mestura cousas que, aínda tendo relación entre elas, pertencen a esferas diferentes. Refírome a temas puramente anatómicos (Seo (anatomía) ou Recto) nos que non vexo xustificable incluír o marcador; temas legais dificilmente relacionables co sexo (o Aborto ou o Estupro); e outros temas xa máis dentro da materia (Felación, Coito, Erotismo). Quen defenda que o estupro é un modo de relación sexual vaimo ter que explicar moi a modo para que eu o entenda. Creo que este marcador abarca moito e aperta pouco. Por iso creo que deberíamos pensar un pouco se paga a pena modificar este modelo para facelo máis coherente e, se cadra, dividilo facendo varios a partir de este. Para empezar ocorréuseme o seguinte:

  • Se o que se pretende é ter un modelo que fale de sexo, limitémonos ao sexual e deixemos os demais temas para outro.
  • Se pensamos no anatómico, limitémonos a falar das partes do corpo e do seu funcionamento.
  • Se pensamos na vertente cultural do sexo falemos de historia, de socioloxía e de aspectos psicosociais, se se quere.
  • O que teña que ver coa lexislación e o dereito debería ir por outro lado.
  • Boto en falta un apartado que fale das enfermidades de transmisión sexual.
  • O contido do modelo quédase ás veces en casos particulares esquecendo outros equiparables; refírome, por exemplo, á estimulación oral das mamilas, cando non hai referencia ningunha á estimulación oral doutras cousas, e hai ben delas que estimular. O mesmo para o paréntese tras relación sexual, que inclúe preliminares, coito e posicións, como se as outras cousas non fosen relacións sexuais. O mesmo para a xinecoloxía esquecendo a [àndroloxía]]. Etcétera.

Todo isto dígoo aquí porque a miña experiencia con modelos é tendente a cero e porque sería bo chegar a un certo consenso antes de meterse a facer reformas na casa. Xoacas(non te me poñas así) 13:12, 13 de maio de 2010 (UTC)


  • A anatomía quiteina do modelo porque é evidente que hai órganos que interveñen nas relacións (e uns máis que outros), mais xustificar por que razón aparecen uns e non outros pode ser difícil. Ademais, os órganos anatómicos xa aparecen noutros modelos.

Paréceme ben que se fagan os arranxos precisos. Eu case sempre copio doutras wikis (neste caso da wiki pt, que creo que partiu da wiki en inglés), e ás veces hai entradas discutíbeis. O apartado de enfermidades de transmisión sexual paréceme moi boa idea. E tamén apuntas outras ideas interesantes, Xoacas. Ti mesmo arranxa o que queiras, seguro que será para mellor. Grazas polas suxestións. --Xoán Carlos Fraga 22:09, 18 de xuño de 2010 (UTC)