Creampie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Creampie.
Esperma escorregando dunha vaxina.

O Creampie é unha modalidade do cinema pornográfico na que logo de exacular un home dentro da vaxina ou ano da súa ou do seu compañeiro sexual, retira o pene e obsérvase o escorregamento do seme a través dos mesmos orificios.

É un recurso utilizado no cinema pornográfico duro como alternativa á visualización polo espectador da exaculación externa clásica. Nestes casos o momento da exaculación non se pode gravar pola cámera ao producirse internamente, pero en cambio o espectador pode posteriormente ver como o esperma é expulsado lentamente ó exterior a través de contraccións dos músculos vaxinais ou do esfínter anal. Para gravar estas prácticas utilízase xeralmente o zoom, xa que as imaxes finais son enfocadas en primeirísimo plano.

Unha práctica asociada ó creampie é o felching, que se produce cando o esperma evacuado é lambido ou inxerido por outra persoa.

Ao ser unha práctica sexual que non utiliza protección pode resultar en riscos para a saúde ante as enfermidades de transmisión sexual.