Porno duro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escena típica dun filme de porno duro

O porno duro (do inglés hardcore porn) é un xénero pornográfico no que se mostran escenas de sexo explícito.

Características[editar | editar a fonte]

Hai moitas variantes dentro da pornografía dura, sendo algunhas máis suaves e outras máis extremas, pero sempre coa inclusión de escenas de penetración explícita e actos e prácticas sexuais moi gráficos. A pornografía dura dá cabida a calquera tipo de práctica sexual sempre e cando cumpra os requirimentos anteriores. O máis habitual na pornografía dura é a práctica sexual entre un home e unha muller, aínda que tamén é frecuente a práctica do sexo entre dúas mulleres, entre varias mulleres e un home, entre dous homes e unha muller, entre varios homes e unha muller, sexo en grupo e entre dous ou máis homes dentro da pornografía gai. Algúns dos xéneros pornográficos que pertencen ao xénero dura son o gonzo, feauture, fetichismo, zoofilia ou sadomasoquismo, entre outros moitos. A pornografía dura é salientabelmente a máis consumida do mercado, sobre todos por homes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]