Exaculación feminina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A exaculación feminina é, na muller, a expulsión dunha cantidade importante de líquido transparente que xorde pola vaxina a través da uretra por unha excitación sexual durante ou antes do orgasmo. A orixe exacta e a natureza do fluído non se coñece ben, aínda que ten forza a teoría que son as glándulas de Skene as que xeran o líquido. O proceso non se dá en todas as mulleres.