Parafilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual.[1] Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grado de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual. Hoxe moitos autores consideran que as parafilias son parte das chamadas "novas adiccións", e polo tanto equivalentes a outras condutas derivadas dos trastornos no control dos impulsos.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra parafilia ten orixe grega. Componse de dous radicais: παρά, pará (á marxe de) e φιλία, filía (amor).

Características[editar | editar a fonte]

Sen afectar á resposta sexual, o desarreglo parafílico constitúese como unha desviación na elección e na realización coa parella, o escenario ou as circunstancias. Normalmente as fantasías parafílicas preséntanse durante a masturbación ou o coito como medio para acadar o orgasmo. Para o parafílico verdadeiro as súas prácticas son indispensables e iso provócalle conflitos coa súa parella, cos demais e consigo mesmo porque van contra a vontade do outro e como consecuencia poden provocar diversas disfuncións sexuais. Segundo o DSM-IV, as parafilias causan un malestar ou un deterioro clinicamente significativos no funcionamento social, o laboral ou noutras áreas importantes. As súas características esenciais, segundo o devandito manual, son intensos e recorrentes impulsos sexuais, condutas ou fantasías sexualmente activadoras que inclúen, xeralmente, obxectos non humanos, o sufrimento ou a humillación do suxeito ou da parella, ou nenos ou outras persoas que non consenten. O DSM-IV inclúe oito parafilias específicas (exhibicionismo, fetichismo, froteurismo, paidofilia, sadismo e masoquismo, fetichismo travestista e voyeurismo) e outras parafilias non especificadas.[3]

Estatísticamente, as parafilias máis frecuentes son a paidofilia, o voyeurismo e o exhibicionismo.

Visión científica[editar | editar a fonte]

Comportamento parafílico.

Orixe[editar | editar a fonte]

No tocante á orixe das parafilias, non se puido demostrar a existencia de ningunha alteración orgánica ou psicolóxica que as explique.[4] Dende o punto de vista biolóxico, tense falado da existencia de niveis moi elevados de andróxenos mentres que outros suxeriron a relación entre as parafilias e alteracións no lóbulo temporal do cerebro. Nunha perspectiva psicolóxica, a teoría da aprendizaxe propón que estas condutas se establecen porque foron reforzadas nun momento dado (xeralmente na puberdade) e pola súa repetición en fantasías sexuais e masturbación. Segundo a escola psicanalítica, algunhas delas serían o resultado do complexo de castración na fase edípica. Outros enfoques presentan as parafilias como o resultado da falta de habilidades sociais e de asertividade.[5]

Interpretación patolóxica[editar | editar a fonte]

As parafilias case nunca se presentan nas mulleres e a súa frecuencia descoñécese porque en poucas ocasións o suxeito busca axuda. Isto e así porque o suxeito non percibe a súa conduta como algo anormal, aínda cando esta o incapacita para formar un vínculo sexual satisfactorio e ata lle provoca problemas de tipo legal nalgúns casos. As parafilias preséntanse soas, como conduta única, ou ben asociadas a diversos trastornos, tales como a esquizofrenia, personalidade antisocial, toxicomanía e outras alteracións mentais, ou baixo un período de estrés.[1]

A tónica máis habitual no ámbito científico é a de tender a someter ao parafílico a terapias encamiñadas a corrixir a súa conduta. Os tratamentos experimentados ata hoxe adoitan ser contrarios á vontade do parafílico e, ademais, non acadan resultados positivos. Ata agora intentáronse procedementos de tipo orgánico, psicolóxico ou mixtos. Empréganse substancias antiandroxénicas que viñeron substituír os estróxenos, e tamén úsase, sobre todo en Europa, a coñecida como castración química, pouco efectiva e impredicible. Estes tratamentos con frecuencia presentan problemas médicos, polos efectos secundarios que provocan, pero tamén problemas de tipo ético e legal, ao seren administrados contra a vontade do paciente. Entre os enfoques psicolóxicos os máis empregados son os derivados da teoría da aprendizaxe, en detrimento das técnicas aversivas.[5]

Cuestionamento da normalidade[editar | editar a fonte]

O termo parafilia refírese ao amor paralelo á forma convencional. O sexo convencional é heterosexual, coital, con finalidade declarada procreativa e efectuado en decúbito prono polo home e supino pola muller. Esta normalidade nominal entra en contradición coa riquísima diversidade sexual posta de manifesto polos estudos levados a cabo por Alfred Kinsey en 1948. Deste xeito o patrón de normalidade ven sufrindo cambios manifestos nas últimas décadas. Pomeroy definiu cinco criterios para identificar unha conduta sexual como parafílica: estatstico, filoxenético, moral, social e legal. López-Ibor reduce estas condicións a tres: dano a outros, dano a un mesmo e caract er obsesivo da conduta. Estas características están recollidas polo manual DSM-IV, pero a súa laxitude está cuestionada por permitir identificar como parafilia comportamentos como a coitofilia, entendida como sexo heterosexual convencional. Albert Ellis defende que toda conduta normal pode chegar a ser perversa.[2]

Mesmo a definición que fai o DSM-IV das parafilias toma como centro o comportamento sexual normal. Isto fai depender o concepto de parafilia do ámbito cultural e do momento histórico. Algúns sexólogos defenden que aqueles comportamentos sexuais que se dan entre persoas adultas, de mutuo acordo e que non producen danos graves nin escándalo público deberían recibir o nome de inadecuacións sexuais. Isto provén do feito de que non sempre as parafilias provocan conflitos ás persoas que as experimentan. A modo de exemplo, no pasado prácticas como a masturbación, a homosexualidade, a xerontofilia, o sexo anal ou oral, a pornografía e a prostitución eran consideradas parafilias.[2]

Catálogo de parafilias[editar | editar a fonte]

Dentro do grupo de parafilias non especificadas polo DSM-IV, hai máis de 300 descritas polos diferentes autores, algunhas delas absolutamente insólitas. A seguinte é unha listaxe non exhaustiva delas cunha breve descrición.[6][2]

Nome Orixe
Abasiofilia Persoas minusválidas.
Acomoclitismo Xenitais depilados.
Acrofilia Parellas de talla alta.
Acrotomofilia Parellas amputadas.
Actirastia Exposición aos raios ou á calor do sol.
Agalmatofilia Estatuas e maniquís espidos.
Agonofilia Loita coa parella.
Agorafilia Práctica de sexo en lugares públicos.
Agrexofilia Que a actividade sexual sexa oída ou vista por terceiros.
Albutofilia Baños, duchas e, en xeral, o contacto coa auga.
Aliphineur Uso de loción.
Aloerastia Excitación da parella coa nudez dun terceiro.
Alopelia Ver a outros tendo sexo.
Alorgasmia Fantasiar durante o sexo.
Alotriorastia Parellas doutras razas.
Altocalcifilia Zapatos de tacón alto.
Alveofilia Ter sexo nunha bañeira.
Alvinolagnia O estómago da parella.
Amatripsis Masturbación realizada fregando entre si os labios da vulva.
Amaurofilia Persoas invidentes ou cos ollos vendados.
Amelotasis Persoas con algún membro amputado.
Amiquesis Rascar a parella durante o sexo.
Amokoscisia Desexo de reprimir á parella.
Amomaxia Ter sexo dentro dun automóbil estacionado.
Anastimafilia Persoas de altura diferente da propia.
Analismo Rexión ano-rectal.
Androxinofilia Persoas andróxinas.
Androidismo Bonecos ou robots con aspecto humano.
Anisonogamia Parella de idade marcadamente distinta.
Anofelorastia Profanar obxectos considerados sagrados.
Anofilemia Sexo oral sobre o ano e o perineo.
Anomeatia Penetración anal cunha parella feminina.
Antolagnia Ulir flores.
Apotemnofilia A idea de ser amputado.
Aracnofilia Atracción polas arañas.
Arsometría Sexo anal.
Astenolagnia Humildade, humillación ou febleza sexual da parella.
Asfixiofilia Estrangular, asfixiar ou afogar a parella durante o sexo.
Audiolagnia O estímulo principal provén da escoita.
Autagonistofilia Ser visto por outras persoas durante o sexo.
Autoabasiofilia Fantasía de converterse en coxo.
Autoasasinofilia Fantasía de ser asasinado ou de escenificar a propia morte.
Autoasfixiofilia Ser asfixiado durante a masturbación ou o sexo.
Automisofilia Ser degradado, ensuciado ou corrompido.
Autonepiofilia Utilizar cueiros e ser tratado como un bebé.
Autopederastia Penetrar co seu pene o seu propio ano.
Autoungulafilia Rascarse os xenitais.
Axilismo Masturbación dentro da axila da parella.
Barosmia Olfacto.
Basoexia Bicos.
Belonefilia Uso de agullas.
Biandria Sexo entre unha muller e dous homes.
Biastofilia Asaltar violentamente a alguén contra a súa vontade.
Blastolagnia Mulleres moi novas.
Bondage Práctica na que un dos participantes permanece atado.
Botulinonia Uso dun embutido como consolador.
Bouxinonia Uso dun consolador para estirar a vaxina.
Braquioprosis Penetrar co brazo o ano da parella.
Candalagnia Ver a parella ter sexo cun terceiro.
Capnolagnia Ver a outra persoa fumar.
Catafilia Submisión do home á súa parella.
Cateterofilia Uso de algún tipo de catéter.
Chezolagnia Masturbarse durante a defecación.
Choiva dourada Ouriñar sobre a parella.
Chubby chaser A gordura da parella.
Cinofilia Sexo cun can.
Ciprieunia Sexo con prostitutas.
Clastomanía Rachar as roupas coas que viste a parella.
Cleptolagnia Roubar.
Clismafilia Inxectar líquido na cavidade anal; inclúe o uso de enemas.
Coitobalnismo Sexo nunha bañeira.
Consuerofilia Coserse zonas da pel.
Coprofemia Dicir obscenidades en público.
Coprofilia Feces.
Coprolalia Uso de malas palabras.
Corefalismo Sexo anal con nenas.
Coreofilia Baile erótico.
Cratolagnia A forza da parella.
Crematistofilia Pagar por sexo ou ser roubado pola parella.
Criptoscopofilia Ver a conduta privada doutras persoas na súa casa.
Crurofilia Pernas.
Cronofilia Inadecuación entre a idade do suxeito e a da súa parella.
Cunilalia Falar dos xenitais femininos.
Cyesolagnia Mulleres embarazadas.
Dacrifilia Bágoas ou pranto.
Dendrofilia Ter sexo contra unha árbore.
Dipoldismo Azoutar nas nádegas a un cativo.
Dismorfofilia Persoas deformes.
Dorafilia Pel humana ou de animais.
Ducha romana Vomitar sobre a parella, xeralmente tras beber viño ou ouriños.
Ecdemolagnia Viaxar ou estar lonxe da casa.
Ecdiose Espirse diante de descoñecidos.
Ecouterismo Escoitar sen consentimento a outros tendo sexo.
Efebofilia Adolescentes homes.
Elefilia Tecidos.
Electrofilia Emprego de choques eléctricos.
Emetofilia Vomitar.
Enditofilia Parella vestida.
Eonismo Travestirse.
Erotofonofilia Chamadas telefónicas con linguaxe erótica.
Erotolalia Falar de sexo.
Escatofonofilia Chamadas telefónicas a estraños con linguaxe obscena.
Escopofilia Ollar a outras persoas abertamente.
Espectrofilia Desexo de practicar sexo con espíritos, ou a propia imaxe nun espello.
Estigmatofilia Tatuaxes, piercings ou cicatrices.
Exhibicionismo Exposición do propio corpo espido.
Exofilia O inusual ou estraño.
Falofilia Os penes, especialmente os grandes.
Felching Recoller o esperma da vaxina ou do ano; inserir animais neles.
Fetichismo Uso de obxectos ou partes do corpo que representan o obxecto de desexo.
Fisting Penetrar co puño anal ou vaxinalmente.
Flatofilia Cheiro dos gases intestinais da parella.
Formicofilia Insectos ou outros animais pequenos movéndose sobre os xenitais.
Froteurismo Fregar os xenitais contra descoñecidos en lugares conxestionados.
Furtling Meter un dedo por un burato feito na zona xenital dunha foto.
Gomfipotismo Dentes.
Grafolagnia Fotos ou cadros eróticos.
Graofilia Mulleres moito maiores.
Gregomulcia Ser tocado por outra persoa.
Hebefilia Nenas púberes.
Hemotigolagnia Tampóns usados.
Hibristofilia Fantasiar ou simular unha violación.
Hierofilia Obxectos sagrados.
Hifefilia Posesión dalgún obxecto alleo: roupa, cabelos, pel, etc.
Higrofilia Fluídos corporais.
Hirsutofilia Pelo corporal.
Homiliofilia Predicar unha relixión a persoas crédulas.
Iatronudia Espirse diante do médico.
Infantilismo Imitar a un neno.
Insuflación erótica Soprar aire dentro da vaxina, o ano ou a uretra.
Krismolagnia Cóxegas.
Lactafilia Os peitos en período de lactación.
Leptosadismo Forma lene de sadismo.
Lectolagnia Lectura de textos eróticos.
Macrofilia Persoas grandes ou grosas.
Macroxenitalismo Penes moi grandes.
Maieusiofilia Mulleres embarazadas.
Martimaclia Sexo grupal.
Masoquismo A propia humillación moral ou sufrimento físico.
Matrilagnia Sexo incestuoso entre a nai e o seu fillo ou filla.
Matronolagnia Parella muller moito maior.
Melolagnia Música.
Menstruofilia Mulleres menstruantes.
Merintofilia Estar atado.
Microfilia Persoas pequenas ou ananas.
Microxenitalismo Penes moi pequenos.
Miscexenación Sexo entre persoas de distinta raza.
Misofilia Roupa sucia e obxectos noxentos.
Morfofilia Persoas concertas características físicas (delgados, roxos, novos...).
Moriafilia Chistes sexuais.
Nafefilia Tocar ou ser tocado.
Nanofilia Persoas pequenas.
Narcisismo A propia persoa.
Narratofilia Narración erótica.
Necroclese Cadáveres femininos.
Necrofilia Cadáveres.
Nepiofilia Os cativos do sexo oposto.
Nepirastia Erguer un bebé.
Ninfofilia Adolescentes femias.
Normofilia Actos considerados normais pola sociedade e a relixión.
Nosolagnia Doenza terminal da parella.
Oclofilia Multitudes.
Ofidiofilia Serpes.
Omolagnia Nudez.
Olfactofilia Cheiro da transpiración, especialmente dos xenitais.
Ozolagnia Cheiros fortes.
Parcialismo Unha soa parte do corpo da parella.
Partenofilia Mulleres virxes.
Patrilagnia Sexo incestuoso entre pai e fillo ou filla.
Pederastia Nenos.
Pediofilia Bonecas.
Peodeictofilia Exhibición do pene.
Picacismo Inserción de alimentos nas cavidades do corpo para que a parella as recupere coa boca.
Pigofilia Contacto coas nádegas.
Pigotripse Rozar ou masaxear as nádegas.
Podafilia Pés humanos.
Psicrofilia O frío.
Pubefilia Pelo pubiano.
Pungofilia Roupa sucia e obxectos noxentos.
Quinunolagnia Situacións de perigo.
Rabdofilia Ser castigado ou flaxelado.
Renifleurismo Cheiro dos ouriños.
Retifismo Fetiche cos zapatos.
Sadismo Provocar dor física ou humillación á parella.
Salirofilia Inxestión de saliva ou suor.
Sexo interxeneracional Relacións entre persoas que se levan polo menos o dobre de idade.
Sinforofilia Provocar un accidente.
Somnofilia Realizar sexo oral a unha persoa durmida ata despertala.
Sucusturpación Masturbación a través da succión dos propios seos.
Sudorofilia Suor da parella.
Tafefilia Ser enterrado vivo.
Telefonofilia Manter conversacións telefónicas.
Tesauromanía Gardar obxectos que pertencen á parella.
Thlipsosis Beliscos.
Toucheirsmo Tocar unha persoa descoñecida.
Tragolimia Desexo sexual compulsivo independente do atractivo da parella.
Travestismo Vestir roupas do sexo oposto.
Tripsofilia Ser masaxeado ou facerse lavar o cabelo.
Uretralismo Inserción de obxectos pola uretra.
Urofilia Uso do ouriños durante a práctica sexual (chuvia dourada).
Vampirismo Extracción de sangue.
Vincilagnia Facerse atar.
Voyeurismo Ver outras persoas practicando sexo, de forma non aberta.
Xerontofilia Homes moito maiores.
Ximnofilia Nudez.
Xinemimetonofilia Homes travestidos.
Xinonudomanía Arrincarlle as roupas á parella.
Xuvenilismo Imitar a un adolescente.
Zoofilia Animais.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parafilia

Outros artigos[editar | editar a fonte]