Angkor Wat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea de Angkor Wat.
Os templos de Angkor.

Angkor Wat (en lingua khmer Templo da cidade) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, nas proximadades da cidade de Siem Reap.

[editar] Historia e características

O templo foi feito construír polo monarca Suryavarman II (1113-1150). O rei ordenou que a xigantesca construción partise dos 4 lados a un tempo, de xeito que se completou en menos de 40 anos.

A hipótese máis probábel sostén que se trata en realidade dun mausoleo, un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte. De feito, a entrada principal está situada no Oeste, como nos templos funerarios, e non no Leste, como acostuma a suceder nos templos hindús.

O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 km de oeste a leste e 1,3 km de norte a sur. No interior do foxo que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da arquitectura cambodiana: o templo outeiro que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o Meru (a montaña dos deuses na relixión hindú, de feito o templo está consagrado a Visnú), e os sucesivos templos de galería.

Angkor Wat converteuse no símbolo de Camboxa, aparecendo na súa bandeira nacional e na actualidade é o lugar do país máis visitado polos turistas.

Consonte o Libro Guinness dos Récords é o máis vasto sitio relixioso do mundo.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas