Exaculación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre a exaculación dos machos en diversas especies de mamíferos, para a exaculación das femias humanas véxase exaculación feminina.
Secuencia dunha exaculación
Pelve masculina e órganos reprodutores.

A exaculación é a expulsión de líquido seminal a través do pene desde a vesícula seminal, causada pola contracción dos músculos na base do pene ou do epidídimo despois dun orgasmo.

Características e datos relacionados[editar | editar a fonte]

Está asociada á sensación de pracer extremo e adoita ser o estadio final e obxectivo final da estimulación sexual, e é un compoñente esencial da reprodución natural xa que permite fecundar á femia. Nalgúns casos raros a exaculación cáusaa unha enfermidade da próstata [Cómpre referencia]. A exaculación tamén pode acontecer espontaneamente durante o sono, é o que se coñece como polución nocturna. A anexaculación é a imposibilidade de exacular.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]