Ledoño, Culleredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ledoño
Vista xeral do centro de Ledoño.
ConcelloCulleredo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111Coordenadas: 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111
Poboación292 hab. (2020)[2]
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Ledoño[1] é unha parroquia do sur do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 277 habitantes (131 mulleres e 146 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 259 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no val de Veiga e as súas terras están bicadas polo río Valiñas e que nace nas inmediacións da aldea de Vista Alegre, xa no concello da Laracha. O monte de Ledoño é o monte Picoto, que xorde como linde natural coa parroquia de Orro (San Salvador).

Ledoño é unha das máis cativas parroquias do concello de Culleredo, tanto en extensión como en número de habitantes. As vías de comunicación son, a estrada que une Vilaboa coa capital municipal e continúa deica Peiro de Arriba (Celas de Peiro, Sta. María); a AC-523, situada ao sur da parroquia, que une a A-6 e Meirama, Cerceda; e a autoestrada A-6 (A Coruña-Madrid), ao norte. Recentemente desapareceu o ferrocarril, co percorrido entre A Coruña e Santiago, mais estase a falar de recuperar as vías para transporte de mercadorías.

Economía[editar | editar a fonte]

A maior parte dos veciños de Ledoño teñen as súas ocupacións fóra da aldea, e os que traballan alí, fano, en inmensa maioría, dedicados á terra. Aínda que, dende a construción do Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, algúns habitantes traballan noutros sectores diferentes do primario e sen saíren do lugar.

Sociedade[editar | editar a fonte]

Cruceiro.

A parroquia de Ledoño conta cunha escola de Educación Infantil, na que reciben as súas primeiras clases arredor dunha ducia de meniños e meniñas da aldea e os arredores. As idades destes nenos están entre os tres e os seis anos. A esta idade adoitan trasladarse á escola de Primaria de Culleredo, sita no lugar de Tarrío.

A sociedade ledoñesa ten un lugar de encontro habitual dende hai décadas, que é o Centro Social Ledoñés, situado no centro da aldea, e que adoita organizar festas, cursos, actividades e outros eventos durante todo o ano, moitos deles, en colaboración co concello de Culleredo.

Festividades e tradicións[editar | editar a fonte]

Ledoño celebra as súas festas na honra de San Pedro, o seu patrón, e a Virxe do Carme a primeira fin de semana despois do 16 de xullo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Ledoño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ledoño no concello de Culleredo

A Carabela | Currás | Fontaíñas | Ledoño | O Monte do Couso | Santa Marta

Parroquias de Culleredo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo

Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]