Brian Eno
| Brian Eno | |
|---|---|
| Nome completo | Brian Peter George St. John le Baptiste de la Salle Eno |
| Alias | |
| Naceu | 15 de maio de 1948 (65 anos) |
| Orixe | Woodbridge, Suffolk, Inglaterra |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | músico, compositor, produtor, cantante, artista visual |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Roxy Music, David Bowie, Coldplay, Talking Heads, Robert Fripp, Cluster, Devo, U2, David Byrne, Robert Wyatt, 801 |
| Tempo en activo | 1970 - actualidade |
| Web | |
Brian Peter George St. John le Baptiste de la Salle Eno (nado o 15 de maio de 1948 en Woodbridge, Suffolk), comunmente coñecido como Brian Eno, é un músico, compositor, produtor, cantante e artista visual inglés, famoso por ser un dos principais innovadores na música ambient.
Traxectoria[editar]
Eno estudou na escola de arte Colchester Institute en Essex, inspirándose na pintura minimalista. Durante ese tempo na escola de arte gañou experiencia compoñendo e tocando tomando clases na escola de música que había ao lado do Colchester Institute.
Uníuse á banda Roxy Music como teclista a principios dos 70 e o éxito da banda na escena glam rock chegou rapidamente. Pero Eno cansouse pronto dos confitos co vocalista Bryan Ferry e de sair de xira, e deixou o grupo despois da edición de For Your Pleasure (1973), comezando a súa carreira en solitario cos álbums de art rock Here Come the Warm Jets (1973) e Taking Tiger Mountain (By Strategy) (1974).
Eno abríuse cara a estilos de música máis experimentais con (No Pussyfooting) (1973) e Evening Star (1975), ámbolos dous colaborando con Robert Fripp, The Lamb Lies Down on Broadway (1974) con Genesis, onde o seu traballo aparece acreditado co nome "Enossification", e os seus influentes traballos en solitario Another Green World (1975) e Discreet Music (1975). Os seus esforzos pioneiros co son ambient comezaron a consumir o seu tempo con Ambient 1: Music for Airports (1978) e posteriormente con Apollo: Atmospheres and Soundtracks (1983), que foi composto para o filme documental For All Mankind. Porén, Eno seguíu cantando nalgúns dos seus discos, indo de Before and After Science (1977) a Wrong Way Up (1990) con John Cale, ata chegar os seus máis recentes Another Day on Earth (2005) e Drums Between the Bells (2011).
O traballo de Eno en solitario ten sido extremadamente influente, sendo pioneiro nas músicas ambiente e xenerativa, innovando técnicas de produción, e enfatizando "a teoría sobre a práctica". Tamén intruduxo o concepto de música aleatoria a audiencias máis xerais, particularmente a través de colaboracións con outros músicos. Cara finais dos 70, Eno traballou con David Bowie na súa "Berlin Trilogy", axudou a popularizar á banda punk rock estadounidense Devo e o xénero No Wave, e tamén realizu traballos frecuentemente con Harold Budd, John Cale, Cluster, Robert Fripp e David Byrne, co cal prodixo o influente My Life in the Bush of Ghosts (1981). Produxo e tocou en tres álbums de Talking Heads, entre eles Remain in Light (1980); foi produtos de sete discos de U2, e traballou en álbums de James, Laurie Anderson, Coldplay, Depeche Mode, Paul Simon, Grace Jones e Slowdive, entre outros.
Eno realiza traballos multimedia á parte da súa carreira musical, onde se inclúen instalacións de arte, unha columna no xornal The Observer, outra columna sobre sociedade e innovacións na revista Prospect. Eno continua colaborando con outros artistas, producindo discos, editando a súa propia música e escribindo.