Hendrick Avercamp
Hendrick Avercamp, nado en Amsterdam o 27 de xaneiro de 1585 e falecido en Kampen o 15 de maio de 1634, foi un pintor holandés, especializado en pintura paisaxística de tema invernal.
Traxectoria [editar]
Era xordo e coñecido como “o mudo de Kampen". Estudou na súa cidade natal co pintor Pieter Hendrick (1569-1625). Foi un dos primeiros pintores paisaxísticos da escola holandesa do século XVII, especializándose nas paisaxes invernais do seu país. As obras de Avercamp están cheas de colorido e vivacidade, con una atenta colocación das persoaxes na escena...
O traballo de Avercamp gozou de grande popularidade e vendendo moitas das súas obras, en boa parte realizadas á acuarela. A mesma raíña Isabel II de Inglaterra tivo unha excepcional colección das súas pinturas no castelo de Windsor. Hendrick Avercamp faleceu en Kampen, Holanda, en 1634.
Continuadores [editar]
As pinturas de paisaxes invernais de Hendrick Avercamp tiveron continuadores como Jan van Goyen, Aart van der Neer, Antonie van Stralen e Jan van de Capelle.
Obra (selección) [editar]
- Paisaxe de Inverno, Rijksmuseum, Amsterdam
- O Inverno, Mauritshuis, A Haia
- Escena na neve, "Rijksmuseum Kröller-Müller", Otterlo
- Escena invernal, "Museum Boymans-van Beuningen", Rotterdam
- Paisaxe de inverno, "Kunsthistorisches museum", Viena,
- Escena invernal en Yselmuiden, "Musée d'art et d'histoire", Xenebra
- Escena sobre o xelo cerca dunha cidade, "National Gallery", Londres
- Paisaxe de inverno con persoaxes, "National Gallery of Scotland", Edimbourg
- Escena sobre o xelo, "National Gallery of Ireland", Dublin