Agustín Fernández Albor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Fernández Albor
Nacemento27 de outubro de 1929
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento6 de outubro de 1987
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxurista e profesor universitario
IrmánsXerardo Fernández Albor
Na rede
Dialnet: 48597
editar datos en Wikidata ]

Agustín Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 1929, e finado na mesma vila o 6 de outubro de 1987, foi un xurista e catedrático galego, especialista en dereito penal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou a Licenciatura de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e no curso académico 1957/58 foi nomeado Profesor axudante de Dereito Penal nesta Universidade.

En 1960 obtivo o título de Doutor pola USC coa cualificación de "Sobresaínte cum laude" pola defensa da súa Tese “Contribución al estudio de la diferenciación dogmático entre homicidio y asesinato” que despois sería Premio Extraordinario.

No ano 1961, mediante concurso oposición acadou a categoría de Profesor Adxunto de Dereito Penal, en 1963 profesor agregado de Cátedra e en 1968 Profesor Agregado provisional. En 1969 obtén a praza de Profesor Agregado de Dereito Penal e finalmente en1971 é nomeado Catedrático de Dereito Penal pola Universidade de Santiago.

Nesta Universidade foi Secretario de Publicacións, Intercambio Científico e Extensión Universitaria, Secretario da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, Vicedecano da Facultade, Vicerreitor da Universidade durante 6 anos e Director do Departamento de Dereito Penal e do Instituto de Criminoloxía

Realizou viaxes de estudos por Bélxica, Francia e Portugal en 1958, antiga Iugoslavia, Francia, Austria e Italia onde ampliou estudos con Prof, C. Pedrazzi no ano 1963, cursou estudos co Prof M. Ancel en París e diplomouse en Dereito Comparado en Estrasburgo.

Foi membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado, da Comisión nacional española para a redacción do Código Penal tipo para Latino América e da Asociación Internacional de Dereito Penal.

Académico de número da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e membro do Instituto de Ciencias Criminolóxicas da Universidade Complutense de Madrid.

Cabe destacar a súa obra “Homicido y asesinato” e os seus traballos sobre a delincuencia xuvenil, sobre a problemática do consumo e tráfico de drogas e sobre a delincuencia económica nas súas formas tradicionais e nas máis complexas e sofisticadas. Foi irmán do médico e político Xerardo Fernández Albor.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Homicido y asesinato (1964)
  • Normativismo e institucionalismo en derecho penal (1965)
  • Aportación al estudio comparado de los sistemas penales europeos (1966)
  • Circa il cossidetto “delitto d’onore” (1966)
  • El daño moral en los delitos contra el honor (1967)
  • El agio arrendaticio (1969)
  • Delincuencia juvenil (1973)
  • Estudios sobre criminalidad económica (1978)
  • Delincuencia y economía (1983)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla de las Ciencias Penales y Criminológicas del Instituto de Criminología de la Universidad Complutense de Madrid en 1981.
  • Insignia de Ouro da Universidade de Santiago en 1984.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]