Ponte Arnelas, Baión, Vilanova de Arousa
Ponte Arnelas | |
---|---|
Parroquia | Baión |
Concello | Vilanova de Arousa |
Coordenadas | 42°32′08″N 8°45′09″O / 42.53563056, -8.75248333 |
Poboación | 37 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ponte Arnelas é un lugar da parroquia de Baión no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 37 habitantes (22 mulleres e 15 homes), once menos que en 2010 e 7 menos que en 2005.
Forma, xunto a Ponte Arnelas, do concello limítrofe de Ribadumia, un mesmo núcleo urbano, dividido polo río Umia. A Ponte dos Padriños, que une os dous lugares, foi unha das pontes senlleiras onde se practicaba o ritual do bautismo anticipado.
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]O 29 de xullo celébranse as festas de Santa Marta (irmá de Lázaro), moi populares no Salnés. A tradición popular considera a esta santa avogosa contra a dos de oídos, polo que os fieis adoitan mollar un pano no aceite bendito da capela para curar as súas doenzas [1].
Durante estas festas, que se prolongan durante tres días, é típico comer unha tapa de polbo [2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baión
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Baión no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) | |
---|---|
A Abelleira | Barcia | Carballo | Casal | Fonsín | A Fontenla | Framil | Groufa | A Lagoa | Mozorín | Paderne | O Pereiro | Ponte Arnelas | Rabuñade | O Rodo | Romarís | San Simón | Serantes | Sestelo | Tirabao | A Torre | Tras do Río |