Anouk Aimée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Anouk Aimée
Anouk Aimee - 1963.jpg
Nome completoNicole Françoise Florence Dreyfus
Nacemento27 de abril de 1932
LugarParís
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Educada enSt Leonards-Mayfield School
NaiGeneviève Sorya
Cónxuxe(s)Nico Papatakis, Pierre Barouh e Albert Finney
Profesiónactriz e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Nicole Françoise Florence Dreyfus,[1] nada en París o 27 de abril de 1932 é unha actriz francesa coñecida como Anouk Aimée.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aimée naceu como en París, filla do actor Henri Murray (nado Henry Dreyfus)[2] e da actriz Geneviève Sorya (nada Durand). O seu pai era xudeu, mentres que a súa nai era católica. Aínda que se criou como católica, converteuse ao xudaísmo sendo adulta.[2][3]

A súa educación comezou na École de la rue Milton, en París, na École de Barbezieux, no Pensionnat de Bandol e na Institution de Megève. Estudou danza na ópera de Marsella e teatro en Inglaterra, tralo que pasou a estudar arte dramática e danza con Andrée Bauer-Thérond.[4]

Aimée (daquela coñecida como Françoise Dreyfus) debutou no cinema en 1946, con catorce anos, no papel de "Anouk" en La Maison sous la mer, e mantivo ese nome artístico. Jacques Prévert, mentres escribía Les amants de Vérone (1949) especificamente para ela, suxeriulle que adoptase o apelido simbólico de Aimée (en francés, "Amada"), "que a asociaría para sempre co poder afectivo dos seus papeis na pantalla".[5][6]

Apareceu en La dolce vita, de Federico Fellini, e en Lola, de Jacques Demy. Foi candidata ao Oscar á mellor actriz en 1966 polo seu papel en Un homme et une femme, que lle deu fama internacional.

En 2002, recibiu un premio César de Honra e en 2003 recibiu o Oso de Ouro honorífico do Festival Internacional de Cinema de Berlín, que lle dedicou ese mesmo ano unha retrospectiva.[7]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Aimée estivo casada en catro ocasións: con Edouard Zimmermann (1949-1950), co director Nico Papatakis (1951-1955), co actor e produtor musical Pierre Barouh (1966-1969) e co actor británico Albert Finney (1970-1978). Tivo unha filla, Manuela Papatakis (nada en 1951), do seu segundo matrimonio.

En 1995 foi escollida pola revista Empire no posto 56 das 100 estrelas de cinema máis sexys da historia.[2]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director
1947 La Maison sous la mer Anouk Henri Calef
1949 Les amants de Vérone Georgia (moderna Xulieta) André Cayatte
1950 Golden Salamander Anna Ronald Neame
1952 La Bergère et le ramoneur (filme de animación) Voz (a pastora) Paul Grimault
Le Rideau cramoisi Albertine Alexandre Astruc
1955 Contraband Spain Elena Vargas Lawrence Huntington
Les Mauvaises rencontres Catherine Racan Alexandre Astruc
1956 Ich suche Dich Francoise Maurer O.W. Fischer
1957 Pot-Bouille Marie Julien Duvivier
1958 Les Amants de Montparnasse (Montparnasse 19) Jeanne Hébuterne Jacques Becker
1959 The Journey Eva Anatole Litvak
La tête contre les murs Stéphanie Georges Franju
Les Dragueurs Jeanne Jean-Pierre Mocky
1960 La Dolce Vita Maddalena Federico Fellini
Le Farceur Hélène Laroche Philippe de Broca
1961 Il giudizio universale Irene Vittorio De Sica
Lola Lola Jacques Demy
1962 Sodom and Gomorrah Raíña Bera Robert Aldrich
Il giorno più corto cameo Sergio Corbucci
1963 Fellini 8½ Luisa Anselmi Federico Fellini
1964 Le voci bianche Lorenza Pasquale Festa Campanile
La fuga Luisa Paolo Spinola
1965 The Dreamer Valeria Massimo Franciosa
1966 Un homme et une femme Anne Gauthier Claude Lelouch
1968 Un soir, un train Anne André Delvaux
1969 Model Shop Lola Jacques Demy
The Appointment Carla Sidney Lumet
Justine Justine George Cukor
1976 Si c'était à refaire Sarah Gordon Claude Lelouch
1978 Mon premier amour Jane Romain Elie Chouraqui
1979 Salto nel vuoto Marta Ponticelli Marco Bellocchio
1981 La Tragedia di un uomo ridicolo Barbara Spaggiari Bernardo Bertolucci
1983 Il generale dell'armata morte Condesa Betsy Mirafiore Luciano Tovoli
Viva la vie Anouk Claude Lelouch
1984 Success Is the Best Revenge Monique Jerzy Skolimowski
1986 Un Homme et une femme : vingt ans déjà Anne Gauthier Claude Lelouch
1990 Bethune: The Making of a Hero Marie-France Coudaire Phillip Borsos
Il y a des jours... et des lunes ela mesma Claude Lelouch
1994 Les Cent et une nuits Anouk Agnès Varda
Prêt-à-Porter Simone Lowenthal Robert Altman
1996 Hommes, femmes : mode d'emploi viúva Claude Lelouch
1998 L.A. Without a Map ela mesma Mika Kaurismäki
1999 Une pour toutes esposa do músico Claude Lelouch
2001 Festival in Cannes Millie Marquand Henry Jaglom
2002 Napoléon Letizia Bonaparte Yves Simoneau
2003 Ils se marièrent et eurent beaucoup d'enfants Vincent's mother Yvan Attal
2003 La Petite prairie aux bouleaux Myriam Marceline Loridan-Ivens
2010 Paris Connections Agnès Harley Cokeliss
2011 Tous les soleils Agathe Philippe Claudel
2012 Mince alors! Nai Charlotte de Turckheim

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Anouk Aimée" (en francés). L'encinémathèque. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Flitterman-Lewis, Sandy. "Anouk Aimée", Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia
  3. Arnold, Eve. Film Journal, Bloomsbury Publishing (2002) pp. 193-94
  4. Unterburger, Amy L. (ed.) Actors and Actresses, International Dictionary of Films and Filmmakers (3.ª ediciónn), St James Press (1997), pp. 9-11
  5. Durham, Michael. "Aimée—It Means 'To Be Loved'", Life Magazine, 19 de maio de 1967 pp. 85-86.
  6. "Think Baby Names"
  7. Oscherwitz, Dayna. The A to Z of French Cinema, Scarecrow Press (2007), páx. 18

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]