Saltar ao contido

Universidade de Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Sevilla
Datos xerais
LocalizaciónSevilla España España
Fundación1505
Datos actuais
ReitorMiguel Ángel Castro Arroyo
Alumnos72.782 (2016-17)
Datos de contacto
EnderezoReal Fábrica de Tabacos de Sevilla,
C/ San Fernando, 4
Sevilla, España España
Páxina webwww.us.es
Facebook: UniversidaddeSevillaoficial Twitter: unisevilla Instagram: unisevilla BNE: XX84643 Dialnet: 819117 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Sevilla (US, en castelán: Universidad de Sevilla) é unha universidade pública española con sede en Sevilla, Andalucía. É unha das dúas universidades públicas da cidade, xunto coa Universidade Pablo de Olavide. Aínda que os seus centros atópanse repartidos por toda a cidade, a sede do seu reitorado é o edificio da Real Fábrica de Tabacos de Sevilla.

É a terceira universidade española en número de estudantes e a primeira de Andalucía, así como unha das máis antigas, con máis de 500 anos de historia.

A Biblioteca da Universidade de Sevilla, con 1.507.097 volumes, é a terceira biblioteca universitaria máis grande de España, despois da Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid e a Biblioteca da Universidade de Barcelona.

Centros propios
  • Edificio Central (Fábrica de Tabacos):
    • Facultade de Filoloxía
    • Facultade de Xeografía e Historia
  • Campus Centro:
    • Facultade de Belas Artes
  • Campus Reina Mercedes:
    • Facultade de Bioloxía
    • Facultade de Farmacia
    • Facultade de Física
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática
    • Facultade de Matemáticas
    • Facultade de Química
    • Escola Técnica Superior de Arquitectura
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería de Edificación
  • Campus Ramón y Cajal:
    • Facultade de Ciencias Económicas
    • Facultade de Turismo e Finanzas
    • Facultade de Filosofía
    • Facultade de Psicoloxía
  • Campus Pirotecnia:
    • Facultade de Dereito
    • Facultade de Ciencias do Traballo
    • Facultade de Ciencias da Educación
  • Campus Macarena:
    • Facultade de Medicina
    • Facultade de Enfermería
      • Unidade docente do Hospital Universitario Virgen de Valme
      • Unidade docente do Hospital Universitario Virgen del Rocío
      • Unidade docente do Hospital Universitario Virgen Macarena
    • Facultade de Fisioterapia
    • Facultade de Podoloxía
    • Facultade de Odontoloxía
  • Campus Cartuja:
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería
    • Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Campus Los Remedios:
    • Escola Politécnica Superior
  • Pablo de Olavide
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica
Centros adscritos
  • Centro de Estudos Universitarios Cardenal Spínola, en Bormujos.
  • Centro de Estudos Universitarios Francisco Maldonado, en Osuna.
  • Escola Universitaria de Enfermería da Cruz Vermella Española, en Sevilla.
  • Escola Universitaria de Enfermería San Juan de Dios, en Bormujos.
  • Centro Universitario EUSA, en Sevilla.
Outros centros
  • Instituto de Ciencias da Educación
  • Instituto de Idiomas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]