Kenya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Quenia")
República de Kenya
Jamhuri Ya Kenya (en suahili)
Republic of Kenya (en inglés)
Bandeira de Kenya Escudo de Kenya
Bandeira Escudo
Lema: Harambee
Himno nacional: Ee Mungu Nguvu Yetu
 
Kenya (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Nairobi
538.000 hab. (2005)
Cidade máis poboada Nairobi
Linguas oficiais
Suahili[1] e inglés[1]
Forma de goberno República
Uhuru Kenyatta
Independencia
- data
do Reino Unido
12 de decembro de 1963
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 48º
582.650 km²
2,3 %
3.446 km km
536 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 31º
45 010 056 (2014)[2]
78 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 71º
US$ 51.731'000.000
US$ 1.519
IDH (2007) 0,521 (148º) – medio
Moeda Xilin kenyano (KES)
Xentilicio Kenyano/a[3]
Fuso horario UTC + 3
Dominio de Internet .ke
Prefixo telefónico +254
Prefixo radiofónico 5YA-5ZZ
Código ISO 404 / KEN / KE
Membro de: ONU, Commonwealth, UA
Tódolos países do mundo

Kenya[3] ou Quenia,[4] oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara o sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.[5]

Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago da paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, the Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas nixero-congolesas, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país.[6] A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central.[7][8] A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra Kenya procede do nome kamba para o Monte Kenya, Kiinyaa. As prehistóricas erupcións volcánicas do Monte Kenya (hoxe extincto) puideron ser a orixe da súa asociación cunha divinidade e co mito da creación entre grupos étnicos kikuyu, que son os habitantes nativos da área agrícola arredor do Monte Kenya.

No século XIX, o explorador alemán Johann Ludwig Krapf estivo co pobo kamba cando viu por vez primeira o monte. Cando preguntou polo nome da montaña, respondéronlle "Kĩ-Nyaa" ou "Kĩĩma- Kĩĩnyaa" probablemente porque a visión da rocha negra coroada de branco pola neve lles lembraba ás plumas dun avestruz.[9] Os agikuyu, que habitan á beira do monte Kenya, Kĩrĩma Kĩrĩnyaga en Kikuyu, que é bastante semellante ó nome kamba.

Ludwig Krapf rexistrou os dous nomes, Kenia e Kegnia (considerado como unha corrupción da versión kamba).[10][11][12] Malia a controversia sobre o significado da palabra Kenya, está amplamente aceptado que foi o nome da montaña o que lle deu o nome ó país.

Historia[editar | editar a fonte]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Kenya.

Kenya atópase situada no leste de África, nas costas do Índico. Limita ao norte con Sudán e Etiopía, ao nordeste con Somalia, ao oeste con Uganda, ao sur con Tanzania e ao leste co océano Índico.

A superficie total de Kenya é de 582.650 km², e conta con 536 km de costa no Océano Índico. O clima varia do tropical na zona costeira ao árido no interior.

O Monte Kenya, que da nome ao país, encóntrase no centro do territorio, ao norte de Nairobi, é o cume máis alto do estado e o segundo de África, tralo Kilimanjaro. Este último está tamén parcialmente en Kenya, mais a súa cima máis elevada emprázase na súa totalidade o territorio de Tanzania.

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Kenya.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Constitution (2009) Art. 7 [National, official and other languages] "(1) The national language of the Republic is Kiswahili. (2) The official languages of the Republic are English and Swahili. (3) The State shall–-–- (a) promote and protect the diversity of language of the people of Kenya; and (b) promote the development and use of indigenous languages, Kenyan Sign language, Braille and other communication formats and technologies accessible to persons with disabilities."
  2. Country Comparison :: Population. The World Factbook.
  3. 3,0 3,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kenyano.
  4. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 118. ISBN 84-8158-266-2. 
  5. Central Intelligence Agency (2012). The World Factbook, ed. "Kenya". Consultado o 28 de maio de 2013. 
  6. Asongu, J. J. and Marr, Marvee (2007). Greenview Publishing Co., ed. Doing Business Abroad: A Handbook for Expatriates. pp. 12 & 112. ISBN 0979797632. 
  7. Ethiopia GDP purchasing power 2010: 86 billion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
  8. Kenya GDP purchasing power 2010: 66 B llion. Imf.org. 14 de setembro de 2006.
  9. Sullivan, Paul (2006). Mkuki na Nyota Publishers, ed. Kikuyu Districts. Dar es Salaam, Tanzania. 
  10. Krapf, Johann Ludwig (1860). Frank Cass & Co. Ltd, ed. Travels, Researches, and Missionary Labours in Eastern Africa. Londres. 
  11. Krapf, Johann Ludwig (13 de maio de 1850). "Extract from Krapf's diary". Church Missionary Intelligencer i: 452. 
  12. Foottit, Claire (2006). Bradt Travel Guides Ltd, ed. Kenya. ISBN 1-84162-066-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]