Monte Kenya
| Tipo | montaña Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Gran Val do Rift Sete segundos cumios | |||
| Situado na entidade xeográfica | Rifte Africano Oriental (pt) | |||
| Localización | ||||
| Continente | África | |||
| División administrativa | Kenya | |||
| ||||
| Cordilleira | Kilimanjaro | |||
| Características | ||||
| Altitude | 5.199 m | |||
| Prominencia topográfica | 3.825 m | |||
| Illamento topográfico | 323 km | |||
| Punto máis alto | Batian (en) | |||
| Material ou ingrediente | Sienita | |||
| Reserva da biosfera | ||||
| Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| setembro de 1899 | primeira ascensión | |||
| Sitio web | mountkenya.org | |||
O Monte Kenya (en kikuyu: Kirinyaga) é a principal cadea montañosa de Kenya e a segunda de África, despois do Kilimanjaro. Os seus cumios máis altos son Batian (5.199 m), Nelion (5.188 m) e Lenana (4.985 m). A área arredor da montaña está protexida no Parque Nacional Monte Kenya.
A montaña é un volcán extinto, a última erupción data de entre hai 2,6 e 3,1 millóns de anos. As súas abas inclúen diferentes biomas, as partes máis baixas son bosques de clima cálido, cambiando a bosques de montaña de juniperus e podocarpaceae arredor dos 2.000 metros, cun cinto de bambú aos 2.500 m que cambia a un bosque de alta montaña de pequenas árbores cubertos de carriza. Hai 12 pequenos glaciares esparexidos entre o complexo de 7 cumios.
O pobo kikuyu cre que a súa deidade suprema, Ngai, vive no Monte Kenya.
O misioneiro Johann Ludwig Krapf foi o primeiro europeo en ver o Monte Kenya en 1849. A primeira ascensión da que temos noticias realizouna Halford Mackinder (con Ollier e Brocherel) o 13 de setembro de 1899.
