Río Tera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tera
Tera.jpg
Panorámica do río Tera.
Lonxitude153
Conca2.415
DesembocaduraEsla

O río Tera ou Teira[1] é un afluente do río Esla pola beira dereita e, polo tanto, subafluente río Douro .

O seu percorrido de 153 km transcorre enteiramente na provincia de Zamora; a superfice da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 2.415 km².

O Tera nace nos contrafortes meridionais de Pena Trevinca, na paraxe denominada Veiga de Tera, nun antigo circo glaciar, bañando inicialmente a comarca de Seabra, onde atravesa a lagúa glaciar de Seabra, e a cabeza comarcal, Pobra de Seabra. Logo de discorrer en sentido norte-sur, pouco despois desta localidade xira e segue en sentido oeste-leste, ata unirse ao río Esla, na comarca da Tierra del Pan, varios quilómetros ao sur de Benavente.

O afluente máis importante é o río Negro, que lle amece as súas augas pola marxe esquerda. O río Castro é o máis importante pola dereita.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016.