Lago da Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′09″N 6°48′00″O / 42.23583, -6.80000

lago da Baña
Lago da Baña
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento Natural
Ano de constitución:
Superficie: 731 ha.
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: León
Concellos: Encinedo
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O lago da Baña (Llagu Lla Baña [1] en astur-leonés) é unha lagoa de orixe glaciar situada preto de La Baña, Encinedo, na comarca de Cabreira en León. É un espazo declarado "monumento natural" ao norte da serra da Cabreira e da serra da Mina.[2]

Formouse por erosión glaciar e conta ao redor cun circo glaciar rematado polos cumes de Pena Trevinca (2.127 m) e Pena Surbia, no límite de Galiza. No lago destaca unha morrena glaciar formada por laxes de lousa, que se atopa nun bo estado de conservación, malia as actividades de minaría a ceo aberto que se realizan nas súas proximidades.

Na paisaxe da contorna abondan distintas aves de rapina, lobos, xabarís e troitas, así como bidos, acivros e moi diversos tipos de fentos de montaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Llagu la Baña, Monumento Natural". 
  2. Monumentos naturales de Castilla y León, Junta de Castilla y León. (eds.). "Monumento Natural 'Lago de la Baña'". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]