Patrimonio da Humanidade no Xapón
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade no Xapón, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. O Xapón asinou a Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO o 30 de xuño de 1992.[3] Ata xullo de 2021, vinte e cinco sitios inscribíronse na Lista do Patrimonio Mundial: vinte sitios culturais e cinco sitios naturais.[3] Enviáronse outros cinco sitios e unha extensión de sitio para a súa futura inscrición e están actualmente na Lista indicativa desde 2017.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: do Xapón
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Lista provisional
[editar | editar a fonte]A Lista provisional está formada por sitios previamente nomeados, pero aínda non inscritos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Japan". UNESCO. Consultado o 2017-05-08.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade no Xapón |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- World Heritage Sites in Japan (en xaponés)
- Database of National Cultural Properties - World Heritage (世界遺産) Arquivado 30 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en xaponés)