Monte Fuji
(ja) 富士山 | |||||
Tipo | active volcano (en) punto máis alto pico isolado (pt) Estratovolcán atracción turística shintaisan (en) montaña | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Fuji district (en) | ||||
Parte de | Fujisan, sacred place and source of artistic inspiration (en) New 100 Famous Japanese Mountains (en) 100 Famous Yamanashi mountains (en) Top 100 Geological Sites in Japan (en) Three Holy Mountains (en) 100 montanhas célebres do Japão (pt) 100 Landscapes of Heisei (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Honshu e Fossa Magna (en) | ||||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Fuji-Hakone-Izu (pt) | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Prefectura de Shizuoka, Xapón e Prefectura de Yamanashi, Xapón | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 3.777,24 m | ||||
Punto máis alto | Kengamine Peak (en) (3.776 m ) | ||||
Material usado | basalto | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 19.311,9 ha | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2013 (37ª Sesión) | ||||
Identificador | 1418-001 | ||||
Sitio histórico do Xapón | |||||
Data | 7 de febreiro de 2011 | ||||
Special Place of Scenic Beauty (en) | |||||
Data | 22 de novembro de 1952 | ||||
Place of Scenic Beauty (en) | |||||
Data | 7 de outubro de 1952 | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
década de 860 | Jōgan eruption of Mount Fuji (en) | ||||
decembro de 1707 | Erupção do Monte Fuji de 1707 (pt) | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Fujisan Hongū Sengen Taisha (en) | ||||
Sitio web | fujisan.ne.jp | ||||
O monte Fuji (富士山 Fujisan?, Xaponés: [ɸɯꜜ(d)ʑisaɴ])[1] ou Fugaku, situado na illa de Honshū, é a montaña máis alta do Xapón, cunha elevación do cumio de 3.776,24 metros. É o segundo volcán máis alto situado nunha illa de Asia (despois do Monte Kerinci na illa de Sumatra), e o sétimo pico máis alto dunha illa na Terra.[2] O monte Fuji é un estratovolcán activo que entrou en erupción por última vez entre 1707 e 1708.[3][4] A montaña está situada a uns 100 km ao suroeste de Tokio e é visible desde alí nos días despexados. O cono excepcionalmente simétrico do Monte Fuji, que está cuberto de neve durante uns cinco meses ao ano, utilízase habitualmente como icona cultural do Xapón e é frecuentemente representado na arte e na fotografía, así como visitado por turistas e alpinistas.[5]
O monte Fuji é unha das "Tres Montañas Sagradas" (三霊山 Sanreizan?) do Xapón xunto co Monte Tate e Monte Haku. É un lugar especial de beleza paisaxística e un dos Lugares históricos.[6] Engadiuse á Lista do Patrimonio Mundial como Ben Cultural o 22 de xuño de 2013.[6] Segundo a UNESCO, o Monte Fuji "inspirou a artistas e poetas e foi obxecto de peregrinación durante séculos". A UNESCO recoñece 25 sitios de interese cultural dentro do sitio do monte Fuji. Estes 25 lugares inclúen a montaña e o santuario xintoísta, Fujisan Hongū Sengen Taisha.[7]
Características
[editar | editar a fonte]Aínda que o monte Fuji pareza ser un cono único e simétrico, no interior é máis complexo do que se poida imaxinar. O cono que nós chamamos de monte Fuji está realmente constituído por tres volcáns sobrepostos: Komitake, Fuji maior e Fuji menor. Un ollar atento e próximo da silueta das montañas revela irregularidades que son resultado desta sobreposición. Por exemplo, unha lixeira elevación da inclinación na zona norte da montaña, a cerca de 2.301 metros de altitude, fai parte do cume do cráter de Komitake, o máis antigo dos tres volcáns, que estivo activo durante o Plistoceno. O Fuji maior estivo activo entre 80.000 e 10.000 anos atrás. Os acontecementos volcánicos que tiveron lugar nos últimos 10.000 anos contribuíron no crecemento do Fuji menor, a montaña que vemos actualmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Enciclopedia Galega Universal denomínao Fuji-San ou Fuji-Yama e a Diciopedia do século 21 Fujiyama
- ↑ "富士山情報コ–ナ–". Sabo Works at Mt.Fuji. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Active Volcanoes of Japan". AIST. Geological Survey of Japan. Consultado o 7 de marzo de 2016.
- ↑ "Mount Fuji". Britannica Online. Consultado o 17 de outubro de 2009.
- ↑ Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. United States: Reader's Digest Association. p. 153. ISBN 0-89577-087-3.
- ↑ 6,0 6,1 [1] Arquivado 27 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Fujisan, sacred place and source of artistic inspiration". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2022-02-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Fuji |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Fujisan (Mount Fuji)" (PDF). Japan Meteorological Agency. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2015-09-24.
- Fujisan (Mount Fuji) – Smithsonian Institution: Global Volcanism Program
- Comprehensive Database of Archaeological Site Reports in Japan, Nara National Research Institute for Cultural Properties
- 3 dimensional model of Mount Fuji on sketchfab
- Official Web Site of Mt.Fuji Climbing
- Mount Fuji as seen from the air SCIENCE CHANNEL(JST)(en xaponés)