Patrimonio da Humanidade na República Democrática do Congo
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na República Democrática do Congo, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A República Democrática do Congo ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 23 de setembro de 1974, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: da República Democrática do Congo
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
† En perigo
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
---|---|---|---|---|---|---|
01 | Parque Nacional de Virunga | Kivu Norte e Ituri | 1979 | 63; vii, viii, x (natural) | O Parque Nacional de Virunga abrangue unha cadea activa de volcáns nas Montañas Rwenzori, as máis altas das cales alcanzan os 5.000 m e están cubertas por glaciares permanentes. Forman parte do Rift de África Oriental. Cunha gran variedade de hábitats diferentes, dende bosques afromontanos ata marismas, estepas e bosques de terras baixas, é rico en biodiversidade e alberga especies como o gorila de montaña (na imaxe), o gorila das terras baixas do leste, o chimpancé, gran cantidade de hipopótamos, así como especies en perigo de extinción como o ocapi e o Cephalophus rubidus. Dende 1994, o sitio foi catalogado como en perigo por mor das ameazas á vida salvaxe, incluíndo a caza furtiva e a deforestación.[5][6] | |
02 | Parque Nacional de Garamba | Alto Uele | 1980 | 136; vii, x (natural) | O parque atópase na transición entre os bosques tropicais e a sabana sudanesa occidental. Abrangue un mosaico de hábitats, incluíndo sabana, bosque de ribeira, pantanos e pradeiras. Os grandes mamíferos do parque inclúen o elefante, a xirafa, o hipopótamo, o león, a hiena pinta e varias especies de antílopes. No momento da inscrición, o parque foi o fogar da última poboación salvaxe do rinoceronte branco do norte[7][8] (posiblemente extinguido en estado salvaxe agora).[9] Por mor das ameazas para os rinocerontes pola caza furtiva, o sitio foi catalogado como en perigo en 1984. A medida que a situación mellorou, foi eliminado da lista en 1992 e despois volveu de novo en 1996 cando se retomou a caza furtiva.[7][8] | |
03 | Parque Nacional de Kahuzi-Biega | Kivu Norte e Kivu Sur | 1980 | 137; x (natural) | Situado no Rift de África Oriental, o parque está cuberto principalmente por bosque tropical que alberga o gorila das terras baixas do leste en perigo de extinción, así como primates ameazados como o chimpancé, colobus, Allochrocebus lhoesti e Cercopithecus hamlyni. Outros mamíferos do parque inclúen o Hylochoerus meinertzhageni, Genetta piscivora, Genetta victoriae e bongo. O parque comprende hábitats subalpinos nas ladeiras de dous volcáns extintos. Dende 1997, o sitio foi catalogado como en perigo debido á inestabilidade política da rexión, á afluencia de refuxiados e ao aumento da explotación da vida salvaxe.[10][11] | |
04 | Parque Nacional de Salonga | Tshuapa, Sankuru, provincia de Kasai e provincia de Mai-Ndombe | 1984 | 280; viii, ix (natural) | O parque nacional abrangue áreas grandes, na súa maioría inalteradas, e en gran parte inaccesibles cubertas de selvas tropicais, marismas e bosque de ribeira. Algunhas partes nunca foron exploradas cientificamente. O parque está composto por dous treitos diferenciados, polo que no futuro haberá que estabelecer corredores de conexión entre eles. Algúns dos animais que viven no parque inclúen o bonobo, o Afropavo congensis, o elefante africano de bosque e o Mecistops leptorhynchus. De 1999 a 2021, o sitio foi catalogado como en perigo debido ao aumento da caza furtiva, a invasión ilegal e o impacto do conflito armado.[12][13] | |
05 | Reserva de fauna de ocapis | Alto Uele e Ituri | 1997 | 718; x (natural) | A reserva de vida salvaxe está situada na selva de Ituri. Como refuxio do Plistoceno, o bosque contén densos bosques perennes e semiperennes dominados por árbores Mbau (Gilbertiodendron dewevrei). É o fogar do ocapi (un espécime na imaxe), así como de seis especies de duiker, Genetta piscivora, Genetta victoriae e 17 especies de primates, incluíndo o chimpancé. A reserva tamén alberga os pobos pigmeos mbuti e efé. Dende 1997, o sitio está catalogado como en perigo debido á caza furtiva, o saqueo e a extracción ilegal de ouro na zona.[14][11] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "Democratic Republic of the Congo". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Virunga National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Justification for inscription on the List of World Heritage in Danger, 1994: Report of the 18th Session of the Committee" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ 7,0 7,1 "Garamba National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2023. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ 8,0 8,1 "Decision 20 COM VIII.A.4 Properties Inscribed on the List of World Heritage in Danger" (PDF) (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 26 de marzo de 2023. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ Emslie, R. "Ceratotherium simum ssp. cottoni". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Kahuzi-Biéga National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 February 2024.
- ↑ 11,0 11,1 "Decision 21 COM VIII.A.4 Properties included on the List of World Heritage in Danger" (PDF). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 11 de xuño de 2003. Consultado o 24 de novembro de 2019.
- ↑ "Salonga National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "WHC/21/44.COM/7A Item 7A of the Provisional Agenda: State of conservation of the properties inscribed on the List of World Heritage in Danger" (PDF) (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Okapi Wildlife Reserve" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade na República Democrática do Congo |