Sitios da revolución industrial Meiji no Xapón: ferro e aceiro, construción naval e minaría de carbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sitios da revolución industrial Meiji no Xapón: ferro e aceiro, construción naval e minaría de carbón
Fotografía aérea da cidade do castelo de Hagi
Hagi en Xapón
Hagi
Hagi
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Xapón
LocalizaciónXapón
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2015 (39ª Sesióon)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1484

Os lugares da Revolución Industrial Meiji no Xapón: ferro e aceiro, construción naval e minería do carbón (明治日本の産業革命遺産 製鉄・鉄鋼、造船、石炭産業, Meiji nihon no sangyōkakumei isan: seitetsu, tekkō, zōsen, sekitan sangyō) son un grupo de sitios históricos que desempeñaron un papel importante na industrialización do Xapón nos períodos Bakumatsu e Meiji (décadas de 1850 - 1910), e forman parte do patrimonio industrial do Xapón. En 2009, os monumentos presentáronse conxuntamente para a súa inscrición na Lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO baixo os criterios II, III e IV. Os xacementos aceptáronse na 39ª sesión do Patrimonio Mundial da UNESCO, coa condición de adoptar medidas "que permitan entender que había un gran número de coreanos e outros que foron levados contra a súa vontade e obrigados a traballar en duras condicións (...) )", e, de novo, este tipo de medidas aínda non se aplicaron.[1]

Están rexistradas oito áreas, compostos por vinte e tres sitios: 

Área 1: Hagi en Yamaguchi[editar | editar a fonte]

Sitios protoindustriais de Hagi e escenario cultural do período Tokugawa; Hagi, Prefectura de Yamaguchi:

Sitio Comentarios Imaxe
Forno de reverberación de Hagi (萩反射炉 Hagi hansharo?)



(ID1484-001)[2][3]
Sitio histórico
EStaleiro de Ebisugahana (恵美須ヶ鼻造船所跡 Ebisugahana zōsensho ato?)



(ID1484-002)[4]
Sitio histórico
Talleres de fundición de ferro de Ōitayama-tatara (大板山たたら製鉄遺跡 Ōitayama tatara seitetsui ato?)



(ID1484-003)[4]
Sitio histórico prefectural
Cidade castelo de Hagi (萩城下町 Hagi jōkamachi?)



(ID1484-004)[5][6]
Sitio histórico grupos de edificios tradicionais
Academia Shōkasonjuku (松下村塾, Shōkason juku)



(ID1484-005)[7][8]
Dirixida por Yoshida Shōin; Sitio Histórico

Área 2: Kagoshima[editar | editar a fonte]

Complexo de fábricas pioneiras de Shūseikan; Kagoshima, Prefectura de Kagoshima:

Sitio Comentarios Imaxe
Antigo Shūseikan (旧集成館 kyū Shūseikan?)



(ID1484-006)[9][10]
Sitio histórico
Restos dos fornos reverbatorios de Shūseikan (旧集成館反射炉跡 Shūseikan hansyaro ato?) Sitio histórico
Fábrica de máquinaria de Shūseikan (旧集成館機械工場 Shūseikan kikai kōjō?)[9][11] Erixido en 1865. Propiedade cultural importante
Antiga residencia dos enxeñeiros de fiado de Kagoshimae (旧鹿児島紡績所技師館 kyū Kagoshima hōsekijo gishi-kan?)[12][13] Erixido en 1867. Propiedade cultural importante
Forno de carbón de Terayama (寺山炭窯跡 Terayama sumigama ato?)



(ID1484-007)
Construído en 1858, sitio Histórico
Comporta da esclusa de Sekiyoshi (関吉の疎水溝 Yoshino no sosuikō?)



(ID1484-008)
Construída en 1852

Área 3: Nirayama en Shizuoka[editar | editar a fonte]

Forno de reverberación protoindustrial de Nirayama. Izunokuni, Prefectura de Shizuoka:

Sitio Comentarios Imaxe
Forno de reverberación de Nirayama (韮山反射炉 Forno de reverberación de Niirayama?)



(ID1484-009)[14]
Construción arrancada en 1853, completado en 1855, Sitio Histórico

Área 4: Kamaishi en Iwate[editar | editar a fonte]

Sitio de minería e fundición de ferro de Hashino, Kamaishi, Prefectura de Iwate:

Sitio Comentarios Imaxe
Sitio de minería e fundición de ferro de Hashino (橋野鉄鉱山 Hashino tekkōzan?)



(ID1484-010)[15]
Influíu en Yawata (ver abaixo). Sitio Histórico

Área 5: Saga[editar | editar a fonte]

Estaleiro de Mietsu; Saga, Prefectura de Saga:

Sitio Comentarios Imaxe
Peirao naval de Mietsu (三重津海軍所跡 Mietsu kaigunsho ato?) (ID1484-011) [16] Construído en 1858, Sitio Histórico

Área 6: Nagasaki[editar | editar a fonte]

Instalacións dos estaleiros de Nagasaki, illas mineiras de carbón e sitios asociados, Nagasaki, Prefectura de Nagasaki:

Sitio Comentarios Imaxe
Peirao e bancada do astaleiro de Kosuge (小菅修船場跡 Kosuge shūsenba ato?)



(ID1484-012)[17][18]
Completado en 1868, sitio Histórico
Dique seco nº3 de Mitsubishi (三菱長崎造船所 第三船渠 Mitsubishi Nagasaki Zōsenjyo Daisan Senkyo?)



(ID1484-013)
Completado en 1905
Casa de convidados de Mitsubishi Senshokaku (長崎造船所 占勝閣 Nagasaki Zōsenjyo Senshōkaku?)



(ID1484-014)
Completado en 1904
Grúa voladiza xigante de Mitsubishi (長崎造船所 ジャイアント・カンチレバークレーン Grúa voladiza xigante de Nagasaki Zōsenjyo?)



(ID1484-015)[19]
Montada en 1909[20]
Antigo taller de patróns de Mitsubishi (長崎造船所 旧木型場 Nagasaki Zōsenjyo Kyuu Kigataba?)



(ID1484-016)
Completado en 1898
Mina de carbón de Takashima (高島炭鉱 Mina de carbón de Takashima?)



(ID1484-017)[21][22]
Escavación arrancada en 1868, Sitio Municipal e Histórico
Mina de carbón de Hashima端島炭坑 (Hashima tankō?)



(ID1484-018)[22][23]
Escavación arrancada en 1870, Sitio Histórico
Casa e oficina Glover (旧グラバー住宅 kyū Gulabā jūtaku?)



(ID1484-019)[24][25]
Erixido en 1863. Propiedade Cultural Importante

Área 7: Miike en Fukuoka e Kumamoto[editar | editar a fonte]

Minas de carbón de Miike, ferrocarril e portos, Ōmuta, Prefectura de Fukuoka, Arao e Uki, Prefectura de Kumamoto:

Sitio Comentarios Imaxe
Mina de cabón de Miike e Miike Port (三池炭鉱三池港 Miike tankō, Miike-kō?)



(ID1484-020)
Miike tankō pozo de Miyanohara (三池炭鉱 宮原坑 Miike tankō Miyahara kou?)}[26][27] Pozo nº 1 completado en 1898, pozo nº 2 completado en 1901, Propiedade Cultural Importante
Miike tankō pozo de Manda (三池炭鉱 万田坑 Miike tankō Manda kou?) Pozo nº 1 completado en 1902, pozo nº 2 completado en 1908, Propiedade Cultural Importante
Ferrocarril industrial da mina de carbón Miike tankō (三池炭鉱 専用鉄道敷跡 Miikekō ・Miike tankō senyō tetsudō ato?)[28] Aberto en 1891, estendido ao porto de Miike en 1905, Propiedade Cultural Importante
Porto de Miike (三池港 Miike-kō?) Aberto en 1887, Propiedade Cultural Importante, paisaxe cultural Importante
Porto oeste de Misumi (三角西港 Misumi nishi-kō?)



(ID1484-021)[29][30]
Construído en 1887, Propiedade Cultural Importante

Área 8: Yahata en Fukuoka[editar | editar a fonte]

Acerías de Yawata; Kitakyūshū e Nakama, Prefectura de Fukuoka:

Sitio Comentarios Imaxe
A acería Imperial, Xapón (旧官営八幡製鐵所関連施設 kyū kanei Yahata seitetsusho kanren shisetsu?)



(ID1484-022)[31]
Tomouse a decisión política do seu establecemento en 1897, entrou en funcionamento en 1901, "Patrimonio da Modernización Industrial" por METI.
A siderurxia imperial: oficina (八幡製鐵所 旧本事務所 Yahata seitetsusho kyū-jimusyo?) Construída en 1899
A siderurxia imperial: fábrica de reparacións (八幡製鐵所 修繕工場 Yahata seitetsusho syūzen-kōjou?) Construído en 1900, a estrutura de aceiro máis vella no Xapón, aínda en funcionamento.
A siderurxia imperial: fábrica de ferrería (八幡製鐵所 旧鍛冶工場 Yahata seitetsusho kyū-kaji-kōjou?) Construído en 1900
Estación de bombeo do río Onga (遠賀川水源地ポンプ室 Onga-gawa suigenchi ponpu-shitsu?)



(ID1484-023)[19]
Construído en 1910, aínda en funcionamento.

Controversia[editar | editar a fonte]

A inclusión dalgunhas destas propiedades como Patrimonio da Humanidade da UNESCO provocou preocupacións e obxeccións de Corea do Sur, ao considerar que os civís coreanos recrutados e os prisioneiros de guerra chineses foron obrigados a traballar en duras condicións en sete destes sitios durante as políticas de mobilización do Xapón na segunda guerra mundial. Hai unha investigación que cuestiona o cumprimento do goberno xaponés coas normativas e requisitos da UNESCO con respecto ao sitio da mina de carbón de Hashima.[32]

Aínda que o período no que tivo lugar o traballo forzoso non coincide co período da revolución industrial Meiji, as críticas xurdiron baseándose na opinión de que a revolución industrial Meiji era "inseparable da construción do imperio no século XX, que levou inexorablemente ao colonialismo xaponés e a Guerra Asia-Pacífico.[33] Corea do Sur afirmou que o recoñecemento oficial deses sitios "violaría a dignidade dos superviventes dos traballos forzosos, así como o espírito e os principios da Convención da UNESCO", e que "Os sitios patrimonio da humanidade deben ter un valor universal excepcional e ser aceptables por todos os pobos de todo o mundo."[33] China tamén lanzou unha declaración similar de que "a aplicación do Patrimonio Mundial debe estar á altura do principio e o espírito de promover a paz como defende a UNESCO".[33]

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "Sites of Japan's Meiji Industrial Revolution, "Unfulfilled Promises"". YouTube. 
  2. "Hagi Reverberatory Furnace". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  3. "萩反射炉". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 "Ebisugahana shipyard & Ohitayama-Tatara iron smelting works". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  5. "Hagi Castle Town". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  6. "萩城城下町". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  7. "The Shokasonjuku Academy". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  8. "松下村塾". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 "Former Shūseikan and machine factory". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  10. "旧集成館". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  11. "旧集成館機械工場". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  12. "Former Kagoshima Spinning Engineer's Residence". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  13. "旧鹿児島紡績所技師館". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  14. "Sites of Japan's Meiji Industrial Revolution: Iron and Steel, Shipbuilding and Coal Mining". UNESCO. Consultado o 21 de outubro de 2015. 
  15. "橋野鉄鉱山の歴史" [The history of Hashino iron mining and smelting site]. Iwate Prefecture. Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  16. "Mietsu Naval Dock". Prefectura de Saga. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  17. "Site of Kosuge ship repair dock". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  18. "小菅修船場跡". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  19. 19,0 19,1 "Emergence of Industrial Japan: Kyushu - Yamaguchi" (PDF). Kyuyama. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  20. "三菱重工業長崎造船所ハンマーヘッド型起重機". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 17 defebreiro de 2012. 
  21. "Hokkei well shaft, Takashima coal mine". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  22. 22,0 22,1 "北渓井坑跡". Nagasaki City. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  23. "Hashima coal mine". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  24. "Former Glover House". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  25. "旧グラバー住宅(長崎県長崎市南山手町)". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  26. "Miyanohara Pit, Miike coal mine". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  27. "三井石炭鉱業株式会社三池炭鉱宮原坑施設". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  28. "Miike Port and Coal Mine Industrial Railway". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  29. "Misumi West Port". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  30. "三角旧港(三角西港)施設". Agency for Cultural Affairs. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  31. "The State-owned Yawata Steel Works". Kyuyama. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2012. 
  32. Palmer, David (January 1, 2018). "Gunkanjima / Battleship Island, Nagasaki: World Heritage Historical Site or Urban Ruins Tourist Attraction?". The Asia-Pacific Journal: Japan Focus 16 (1). Consultado o 4 de xullo de 2020. 
  33. 33,0 33,1 33,2 "Story of Japan's industrial rise deserves to be told, forced labor and all". The Japan Times. 2015-06-24. Consultado o 2020-07-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]