Santuarios e templos de Nikkō
| (ja) 日光の社寺 | ||||
| Tipo | sitio histórico jisha (en) mónada díade | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Mount Nikkō (en) | |||
| Localizado na área protexida | Parque Nacional de Nikkō (pt) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Nikkō, Xapón | |||
| ||||
| Composto por | ||||
| Características | ||||
| Superficie | Patrimonio da Humanidade: 50,8 ha zona de protección: 373,2 ha | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | |||
| Data | 1999 (23ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iv) e (vi) | |||
| Identificador | 913 | |||
| Sitio histórico do Xapón | ||||
| Tesouro Nacional do Xapón | ||||
| Nikkō Tōshō-gū (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Nikkō Tōshō-gū (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Data | ? | |||
| Sitio histórico do Xapón | ||||
| Nikkō Tōshō-gū (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
|
| ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Futarasan jinja (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Data | ? | |||
| Ben Cultural Importante do Xapón | ||||
| Futarasan jinja (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Sitio histórico do Xapón | ||||
| Futarasan jinja (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
|
| ||||
| Tesouro Nacional do Xapón | ||||
| Rinnō-ji Temple (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Rinnō-ji Temple (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Data | ? | |||
| Sitio histórico do Xapón | ||||
| Rinnō-ji Temple (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
| Sitio web | city.nikko.lg.jp… | |||
O Patrimonio da Humanidade da UNESCO santuarios e templos de Nikkō abrangue 103 edificios ou estruturas e a contorna natural que os rodea. Está situado en Nikkō, Prefectura de Tochigi, no Xapón. Os edificios pertencen a dous santuario xintoísta (Santuario Futarasan e Tōshō-gū) e un templo budista (Rinnō-ji). Nove das estruturas son designadas Tesouros Nacionais do Xapón mentres que as 94 restantes son Propiedades Culturais Importantes. A UNESCO incluíu o sitio como Patrimonio da Humanidade en 1999.[1][2]
Sitios nomeados
[editar | editar a fonte]Santuario Futarasan
[editar | editar a fonte]No nomeamento inclúense 23 estruturas do santuario de Futarasan. Todos están rexistrados como Bens Culturais Importantes. Son:[2]
| Nome | Observacións | Ano | Imaxe |
|---|---|---|---|
| Honden | Edificio principal que consagra as tres divindades do santuario de Futarasan. | 1619 | |
| Karamon | Porta diante do Hoden. | principios do período Edo | |
| Wakimon | Porta dos Sukibe. | principios do período Edo | |
| Sukibe | Muro cuberto que pecha o Honden. | principios do período Edo | |
| Haiden | Salón de culto | 1645 | 150px |
| Torii | Torii de cobre que marca a entrada ao santuario. | 1799 | |
| Shinkyō | Ponte en arco de madeira. | 1904 | |
| Betsugū Taki-no-o-jinja Honden | Edificio consagrado Tagorihime no Mikoto | 1713 | |
| Betsugū Taki-no-o-jinja Karamon | Porta do Betsugū Taki-no-o-jinja Honden. | 1740 | |
| Betsugū Taki-no-o-jinja Haiden | Salón de culto | c. 1713 | |
| Betsugū Taki-no-o-jinja Rōmon | Porta do Betsugū Taki-no-o-jinja. | 1697 | |
| Betsugū Taki-no-o-jinja Torii (3 estruturas) | Torii de pedra no acceso ao Betsugū Taki-no-o-jinja que marca a zona sagrada. | 1696, 1779 | |
| Betsugū Hongū-jinja Honden | Edificio que consagra Ajisukitakahikone no Mikoto. | 1685 | |
| Betsugū Hongū-jinja Karamon | Porta diante do Betsugū Hongū-jinja Honden. | c. 1685 | |
| Betsugū Hongū-jinja Sukibe | Muro que rodea o Betsugū Hongū-jinja Honden. | c. 1685 | |
| Betsugū Hongū-jinja Haiden | Salón de culto. | 1685 | |
| Betsugū Hongū-jinja Torii | Torii de pedra no acceso ao Betsugū Hongū-jinja que marca a zona sagrada. | 1800 | |
| Shin-yosha | Almacén para mikoshi, santuarios portátiles. | 1641 | |
| Daikokuden | Edificio consagrado a Ōkuninushi no Mikoto. | 1745 | |
| Massha Mitomo-jinja Honden | Edificio consagrado a Sukunabikona no Mikoto. | c. 1751–1761 | |
| Massha Hie-jinja Honden | Edificio consagrado a Ōyamakui no Mikoto. | c. 1648–1651 |
Tōshō-gū 東照宮
[editar | editar a fonte]42 edificios do santuario Tōshō-gū están incluídos na candidatura. Oito estruturas están rexistradas como Tesouros Nacionais do Xapón e 34 son Propiedades culturais importantes.[2]
| Nome | Observacións | Ano | Imaxe |
|---|---|---|---|
| Honden, Ishinoma, Haiden | Honden: Edificio consagrado a imaxe deificada de Tokugawa Ieyasu, Tōshō Daigongen. Ishinoma: Cámara que une Honden e Haiden. Haiden: Salón de culto. |
1636 | |
| Shōmen Karamon | Porta diante de Haiden. Terceira porta. | 1636 | |
| Haimen Karamon | Porta detrás de Honden. | 1636 | |
| Tōzai Sukibe | Muro que rodea Honden, Ishinoma e Haiden. | 1636 | |
| Yōmeimon | Porta de dous pisos. Segunda porta. | 1636 | |
| Tōzai Kairō e Kugurimon | Claustros cubertos que encerran os edificios dos santuarios. | 1636 | |
| Kamishamusho | Edificio para servizos xintoistas. | 1636 | |
| Kaguraden | Edificio para o ritual Kagura. | principios do período Edo] | |
| Shin-yosha | Almacén para mikoshi, santuarios portátiles. | 1636 | |
| Shōrō | Campanario | 1636 | |
| Korō | Almacén para tambores. | 1636 | |
| Honjidō | Edificio consagrado a Yakushi, o Buda curativo. | 1636 | |
| Kyōzō | Almacén para sutras. | 1636 | |
| Kamijinko | Almacén. | principios do período Edo] | |
| Nakajinko | almacén. | principios do período Edo] | |
| Shimojinko | Storehouse. | principios do período Edo] | |
| Mizuya | Edificio de pedra que conten a balsa de auga. | 1636 | |
| Shinkyū | Corte para cabalos sagrados. | 1636 | |
| Omotemon | Primeira porta. | 1636 | |
| Gojūnotō | Pagode de cinco pisos. | 1818 | |
| Ishidorii | torii de pedra no acceso frontal. | 1618 | |
| Sakashitamon | Porta na entrada do Okusha. | 1636 | |
| Okusha Hōtō | Edificio consagrado aos restos de Tokugawa Ieyasu. | 1683 | |
| Okusha Karamon | Porta diante do Hōtō. | 1650 | |
| Okusha Ishitamagaki | Muro de pedra que encerra o Okusha. | principios do período Edo | |
| Okusha Haiden | Salón de culto | 1636 | |
| Okusha Dōjinko | almacén do tesouro. | 1654 | |
| Okusha Torii | torii de cobre no acceso frontal ao Okusha. | c. 1683 | |
| Okusha Sekisaku | Valado de pedra ao longo do acceso frontal. | principios do período Edo | |
| Kariden Honden, Ainoma, Haiden | Honden: Edificio consagrado a imaxe deificada de Tokugawa Ieyasu, Tōshō Daigongen en caso de obras de reparación no Honden principal. Ainoma: edificio que conecta Honden e Haiden. Haiden: Salón de culto. |
1639 | |
| Kariden Karamon | Porta diante dos Kariden Honden. | principios do período Edo | |
| Kariden Sukibe | Muro teitado que rodea o Kariden Honden. | principio do período Edo | |
| Kariden Wakimon | Porta de Kariden Sukibe. | principios do período Edo | |
| Kariden Torii | torii de cobre no acceso frontal ao Kariden Honden. | principios do período Edo | |
| Kariden Shōrō | Campanario | principios do período Edo | |
| Otabisho Honden | Edificio utilizado no festival Togyosai. | 1685 | |
| Otabisho Haiden | Salón de culto utilizado no festival Togyosai. | c. 1685 | |
| Otabisho Shinsenjo | Edificio onde se prepara a comida sagrada durante o festival Togyosai. | c. 1685 | |
| Kyūokusha Karamon | Porta de pedra do Kyūokusha. Reconstruída nun novo lugar despois da súa destrución por un terremoto. | 1641 | |
| Kyūokusha Torii | Torii dos Kyūokusha. Reconstruída nun novo lugar despois da súa destrución por un terremoto. | 1641 |
Rinnō-ji
[editar | editar a fonte]38 edificios do templo Rinnō-ji están incluídos na candidatura. Unha estrutura, que comprende os Honden, Ainoma e Haiden do Mausoleo de Taiyuin, é un Tesouro Nacional do Xapón rexistrado e 37 son Bens Culturais Importantes.[2]
| Nome | Observacións | Ano | Imaxe |
|---|---|---|---|
| Hon-dō (Sanbutsudō) | Salón do Buda. | 1647 | |
| Sōrintō | Torre de repositorio de sutras de cobre. | 1643 | |
| Hombō Omotemon | Porta frontal de Hombō. | mediados do período Edo | |
| Kaizandō | Salón do fundador dedicado ao sacerdote Shōdō. | c. 1720 | |
| Jōgyōdō | consagración do Salón do Buda Amita Nyorai. | 1649 | |
| Hokkedō | Consagración do salón de Buda Shaka Nyorai. | 1649 | |
| Jōgyōdō Hokkedō Watarirō | Corredor cuberto entre Hokkedō e Watarirō. | 1649 | |
| Jigendō Byōdō | Edificio consagrado aos restos do sacerdote Tenkai. | mediados do período Edo | |
| Jigendō Haiden | Edificio para adorar a Jigendō. | 1649 | |
| Jigendō Kyōzō | Almacén de documentos recollidos polo sacerdote Tenkai. | principios do período Edo | |
| Jigendō Shōrō | Campanario. | principios do período Edo | |
| Jigendō Amidadō | Salón de Buda consagrado a Amida Nyorai. | principios do período Edo | |
| Kodamadō | Salón de Buda consagrado a Kodama. | principios do período Edo | |
| Gohōtendō | Salón de Buda consagrado a Bishamonten, Benzaiten e Daikokuten. | c. 1615–1623 | |
| Kannondō | Salón de Buda consagrado a Kanzeon Bosatsu (Avalokiteśvara Kṣitigarbha). | 1685 | |
| Sanjūnotō | Pagode de tres pisos. | 1685 | |
| Mausoleo Taiyuin (Taiyū-in Reibyō): Honden, Ainoma e Haiden | Honden: Edificio consagrado a Taiyū-in, a imaxe divinizada de Tokugawa Iemitsu. Ainoma: Cámara que une Honden e Haiden. Haiden: Salón de culto. |
1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Karamon | Porta diante do Taiyū-in Reibyō. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Mizugaki | Muro cuberto que encerra o Taiyū-in Reibyō Honden e outras estruturas. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Wakamon | Porta de Taiyū-in Reibyō Mizugaki. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Gokūsho | Edificio utilizado para preparar alimentos sagrados. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Gokūsho Watarirō | Corredor cuberto entre Honden e Gokūsho. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Yashamon | Terceira porta. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Yashamon Sayū Kairō | Corredores cubertos a ambos lados do Yashamon. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Shōrō | Campanario. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Korō | Almacén para tambores. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Nitemmon | Segunda porta. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Saijō | Lavatorio para uso ritual. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Mizuya | Edificio de columnas de pedra que rodea a balsa de auga. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Hōko | Almacén. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Niōmon | Primeira porta. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Kōkamon | Porta de netrada a Taiyū-in Reibyō Oku-in. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Dōzutsumi Hōzō | Almacén revestido en cobre. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Oku-in Hōtō | Edificio consagrado aos restos de Tokugawa Iemitsu. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Oku-in Inukimon | Porta de cobre diante do Hōtō. | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Oku-in Haiden | Salón de culto | 1653 | |
| Taiyū-in Reibyō Bettōsho Ryūkō-in | Edificio administrativo para Taiyū-in. | mediados do período Edo |
Paisaxe cultural
[editar | editar a fonte]No nomeamento inclúense as abas boscosas das montañas nas que se sitúan as edificacións. O bosque dominante de cedro xaponés plantouse a principios do século XVII durante a construción do Tōshō-gū. A zona onde se atopan os edificios está designada como Sitio Histórico. Outras partes da paisaxe cultural están protexidas dentro do Parque Nacional de Nikko.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 ICOMOS (Setembro de 1999). "Advisory Body Evaluation" (PDF). Consultado o 2009-07-28.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Agency for Cultural Affairs (22 de xuño de 1998). "Shrines and Temples of Nikko — WHC Nomination Documentation". Consultado o 2009-07-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuarios e templos de Nikkō |
