A Carolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Partituras d'"A saia da Carolina" e outros temas e un acordeón, expostos no Museo Galego do Entroido.

A Carolina ou A saia da Carolina é unha cantiga popular da música galego-portuguesa tradicional no noroeste da Península Ibérica (Galicia, Asturias, León e norte de Portugal). É unha das cancións máis importantes da música tradicional galega; téñense realizado moitas versións, aínda que a letra e música son sempre semellantes. Existen versións portuguesas algo distintas. A orixe non é coñecida.

Unha coñecida versión é a de 1978 de Fuxan os Ventos do seu álbum Sementeira. Tamén é de salientar a versión feita por Luar na Lubre no seu álbum Solsticio, combinada cun reel irlandés: Schiarazulla marazulla / A Carolina. Tamén existen versións coñecidas de Xocaloma, Astarot, ou as portuguesas de Anafaia ou Roberto Leal. Artistas non galegos como María del Monte ou a London Simphony Orchestra téñena interpretado.

Orixe[editar | editar a fonte]

Disque[quen?] A Carolina se puido inspirar na Bella Otero.[Cómpre referencia]

Como moitas outras tradicións A Carolina cántase en Galicia e Norte de Portugal (e tamén en todo o noroeste peninsular, coincidindo co que sería o territorio do antigo Reino de Galicia) polo que existe unha disputa sobre a orixe xeográfica da mesma.

A cantiga é alegre, de letra retranqueira e ritmo de pasodobre. Algúns expertos din que, polo ritmo, a orixe sería de fóra da area de influencia galega, galeguizándose no país.[1] Algúns din que a orixe estaría na vila de Miranda do Douro.

A Carolina cantábanse en ambientes festeiros e para propiciar a danza, como elemento de grande cohesión social. Tocábanse ferros, pandeiretas, botellas de anís e gaitas.

Enredo[editar | editar a fonte]

A cantiga fala dunha moza chamada Carolina que cando baila move o rabo do lagarto que leva na saia e levanta paixóns entre os homes da vila (o coronel, o crego...). Como moitas cantigas tradicionais galegas, ten dobres sentidos nas súas frases que fan dela unha cantiga picaresca. O rabo do lagarto faría referencia á excitación do home.[1] Disque[quen?] a moza na que se inspira a canción puido ser a La Bella Otero,[Cómpre referencia] moza galega que salientou na Belle Époque francesa.

Letras en galego e portugués[editar | editar a fonte]

A música e a letra máis coñecida en Galicia é froito da versión feita por Fuxan os Ventos nos anos 1970, mesturando distintas versións da cantiga (da costa, das montañas do interior), que variaban algo nas estrofas. As letras en portugués son semellantes, co primeiro refrán e as dúas das primeiras estrofas practicamente coincidentes coas galegas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]