Peter R. Franke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Peter Robert Franke»)
Infotaula de personaPeter R. Franke
Nome orixinal(de) Peter Robert Franke Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1926
Lüdenscheid, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2018 (92 anos)
Berlín
Alemaña Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación- Universidade de Múnic.
- Universidade de Erlangen-Nuremberg.
- Universidade do Sarre.
Coñecido porEstudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía.
Lugar de traballo Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnumismático , historiador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do Sarre (pt) Traducir (1967–1994)
Universidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1988): Medalla da RNS.
- (1992): Medalla Huntington (ANS).
- (2003): Medalla Gunnar Holst.


Peter Robert Franke, nado o 2 de novembro de 1926 en Lüdenscheid, Renania do Norte-Westfalia, e finado o 30 de decembro de 2018 en Berlín, foi un numismático e historiador alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peter R. Franke naceu en 1926 en Lüdenscheid, en Westfalia, durante a efémera República de Weimar, e pasou a súa infancia en Baviera. Finalaizada a segunda guerra mundial traballou nas minas de carbón de Peißenberg.[1]

Franke estudou Historia Antiga na Universidade de Múnic, e Historia, Xeografía e Estudos Alemáns na Universidade de Erlangen con Helmut Berve, quen dirixiu o seu doutoramento nesta universidade en 1954, acadado cunha tese sobre o antigo Epiro e o reinado dos Molosos.[1] En 1960 logrou a súa habilitación docente na Universidade de Erlangen cun traballo sobre as moedas de Epiro e exerceu alí como profesor privado de Historia Antiga.[2]

Logo de iniciar a súa traxectoria profesional na Colección Estatal de Moeda de Múnic, en 1964 converteuse en asesor científico da delegación en Atenas do Instituto Arqueolóxico Alemán e en 1967 acadou un posto de profesor na Universidade de Múnic. Ese mesmo ano accedeu á cátedra de Historia Antiga na Universidade do Sarre, que ocupou ata a súa xubilación en 1994. Nesta universidade foi decano da Facultade de Filosofía entre 1983 e 1985.[1][2]

Como profesor invitado visitou diversas universidades, como Princeton, en Nova York, as de Viena, Budapest, Salónica e Salzburgo.[1]

Entre outras sociedades e entidades numismáticas e académicas, Franke foi membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, da Sociedade Numismática de Baviera, da Sociedade Numismática de Berlín (membro honorario)[3], do Instituto Arqueolóxico Alemán, do Instituto Arqueolóxico de Austria e da Academia de Ciencias de Austria.[4]

Como investigador centrou o seu labor na numismática antiga.[1] Sobre este tema é de salientar a súa publicación de 1964 sobre a moeda grega (Die griechische Münze), amplamente ilustrado con fotografías de Max Hirmer. Sobre numismática antiga participou tamén en senllos traballos das series Die Fundmünzen der römischen Zeit in Deutschland, acerca da moeda da Antiga Roma, e Sylloge Nummorum Graecorum, sobre as cuñaxes da Grecia Antiga.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Franke ao longo da súa carreira académica:[8][9][10]

Monografías[editar | editar a fonte]

  • (1955). Alt-Epirus und das Königtum der Molosser. Lassleben, Kallmünz.
  • (1961). Die antiken Münzen von Epirus. I: Poleis, Stämme und epirotischer Bund bis 27 v. Chr. Steiner, Wiesbaden.
  • (1961). Römische Kaiserporträts im Münzbild (fotografías de M. Hirmer). Hirmer, Múnic.
  • (1964). Die griechische Münze (fotografías de M. Hirmer). Hirmer, Múnic [2ª ed. en 1972: ISBN 3-7774-2530-3]
  • (1966). Monnaie greque (con J. Bebelon e fotografía de M. Hirmer). Flammarion, París.
  • (1968). Kleinasien zur Römerzeit. Griechisches Leben im Spiegel der Münzen. Beck, Múnic.
  • (1975). Methymna: archäologische Beiträge zur Topographie und Geschichte von Nordlesbos. P. von Zabern, Maguncia.
  • (1976). Die antiken Münzen der Sammlung Heynen: Katalog mit historischen Erläuterungen (con I. Paar). Rudolf Habelt, Bon. ISBN 978-3792702611
  • (1983). Albanien im Altertum. Raggi, Feldmeilen.
  • (1995). Antike Metallurgie und Münzprägung ein Beitrag zur Technikgeschichte (con H. Moesta). Birkhauser, Berlín. ISBN 978-3764351663
  • (1997). Die Homonoia-Münzen Kleinasiens und der thrakischen Randgebiet. I: Katalog (con M. Karola Nollé. Saarbrücker Druck- und Verl., Saarbrücken. ISBN 3-930843-26-9
  • (1999). Wine and coins in ancient Greece (con I. Marathaki). Hatzimichalis Estate, Atenas. ISBN 9789608588639
  • (2002). Lexikon der Aufschriften auf griechischen Münzen. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. Vol. 1. ISBN 9783700130826
  • (2004). Hausschweine in der griechisch-römischen Antike. Eine morphologische und kulturhistorische Studie (con H. Meyer; J. Schäffer). Isensee, Oldenburg. ISBN 3-89995-083-6
  • (2015). Schön und wertbeständig: antike griechische Münzen aus einer alten westfälischen Privatsammlung. Staatliche Münzsammlung München, Münzkabinett, Berlín. ISBN 9783922840350

Sylloge nummorum Graecorum[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Sylloge Nummorum Graecorum.

Estes son os volumes do Sylloge a cargo de Peter R. Franke, editados polo Instituto Arqueolóxico Alemán e o Gabinete Numismático dos Museos Estatais de Berlín:

  • Vol. 1 (1968): Hispania, Gallia Narbonensis (con H. Küthmann).
  • Vol. 2 (1970): Etruria, Umbria, Picenum, Latium, Samnium, Frentani, Campania, Apulia (con H. Küthmann).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jung, E. (2019) Arquivado 14 de xuño de 2021 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 "Alte Geschichte an der UdS: Professor Dr. Peter Robert Franke". Universität des Saarlandes.
  3. "Peter Robert Franke (1926-2018)". Numismatische Gesellschaft zu Berlin.
  4. "Emer. o. Prof. Dr. phil.". Österreichische Akademie der Wissenschaften.
  5. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  6. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  7. "Hendin Receives 2013 Medal from Gunnar Holst Foundation for Numismatics". En Coins Weekly. 6 de xuño de 2013.
  8. "Franke, Peter Robert 1926- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  9. "Franke, Peter Robert 1926-". WorldCat Identities.
  10. "Peter Robert Franke (*1926): Schriftenverzeichnis". Coingallery.de