Ritmo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ritmo, unha secuencia en tempo repetido na representación dun valse.

O ritmo[1] (do grego ῥυθμός, rhythmos, "calquera movemento recorrente, repetitivo e simétrico"[2] pode definirse xeralmente como un ‘movemento marcado pola sucesión regular de elementos febles e fortes, ou ben de condicións opostas ou diferentes’.[3] É dicir, un fluxo de movemento, controlado ou medido, sonoro ou visual, xeralmente producido por unha ordenación de elementos diferentes do medio en cuestión.

Trátase dun trazo básico de tódalas artes, especialmente da música, da poesía e da danza. Na música, a maioría das definicións tradicionais refírense ó ritmo como forza dinámica e organizativa da música. A natureza do ritmo é primordialmente subxectiva. A idea de regularidade define o ritmo, pero non é a única xa que unha das primeiras definicións de ritmo na historia da música está relacionada coa súa raíz grega (rheos, fluír), estabelecendo así unha relación directa co movemento. Ademais, pódense atopar múltiples definicións que implican movemento, orde e periodicidade en relación ó ritmo musical. Porén, existen definicións dende o punto de vista da percepción temporal: ‘o ritmo describe [...] eventos en escalas temporais dentro dos limiares da memoria a curto prazo.[4] Neste senso, Clarke[5] define o ritmo musical como ‘fenómenos temporais de pequena e mediana escala’.

Nas artes escénicas, o ritmo é a cronoloxía dos acontecementos a escala humana, dos sons musicais e os silencios, dos pasos dunha danza ou a métrica da linguaxe falada e a poesía. O ritmo tamén pode referirse á presentación visual, como ‘o movemento programado a través do espazo’[6] e unha linguaxe común a xeito de patrón que une o ritmo coa xeometría. Asemade, o significado xeral de ritmo como repetición ou patrón regular no tempo pode aplicarse a unha ampla variedade de fenómenos naturais cíclicos que teñen unha periodicidade ou frecuencia que pode ir dende microsegundos a millóns de anos.

Relación entre ritmo, compás e cadencia[editar | editar a fonte]

A relación entre ritmo, compás e cadencia é fundamental na música. Ambos conceptos están relacionados, pero teñen definicións distintas:

Ritmo
Refírese á secuencia de sons e silencios en música, caracterizado pola repetición periódica de tempos fortes e débiles.[7] Define cando un son ou nota se produce e a súa duración. Pode ser regular ou irregular, e varía con base no estilo e xénero musical.[8][9]
Compás
É a agrupación cíclica de pulsos ou batidas. Estes pulsos son percibidos como unha secuencia de latexos fortes e débiles. O compás serve para organizar o ritmo en seccións e proporciona un marco para a organización rítmica.[10][11]
Cadencia
Refírese á progresión harmónica que proporciona sensacións de resolución ou pausa nunha composición musical. A cadencia marca o final dunha frase musical, creando un sentido de conclusión ou suspensión, dependendo do tipo de cadencia. Serve como un punto de ancoraxe harmónico, proporcionando estrutura e coherencia á peza.[12]

A interacción entre o ritmo, o compás e a cadencia é esencial na percepción e interpretación da música.[9] Mentres o ritmo describe patróns temporais específicos e o compás ofrece unha estrutura repetitiva para a presentación destes patróns, a cadencia engade un contexto que axuda a definir a estrutura da composición.

Conexións entre ritmos musicais e ritmos biolóxicos[editar | editar a fonte]

O caso dun pianista de jazz tocando en laboratorio mostrou que a sincronización entre a dinámica musical e o ritmo cardíaco é modulada pola implicación emocional do músico.[13]

Ao longo da historia, observáronse múltiples conexións entre os ritmos musicais e os ritmos biolóxicos dos seres vivos. A continuación preséntanse algúns exemplos destas conexións:

Ritmo cardíaco[editar | editar a fonte]

A pulsación ou ritmo cardíaco é unha das conexións máis obvias entre a música e o corpo humano. Certas melodías ou ritmos poden ser sincronizados co latexo do corazón en estado de repouso. A cantante, instrumentista e musicóloga Mercedes Peón vinculou o ritmo da muiñeira (un 3/4, o mesmo que os valses) cos latexos do feto durante o embarazo. Outros estudos exploraron a interacción complexa entre música, emoción e ritmo cardíaco.[13]

Ritmo respiratorio[editar | editar a fonte]

O ritmo da respiración, fundamental por exemplo nas técnicas vocais, tamén se reflicte na música. Un exemplo é o canto de mantras no ioga ou en prácticas de meditación, onde a repetición e a respiración son sincronizadas para axudar a lograr un estado meditativo.[14]

Ciclos circadianos[editar | editar a fonte]

A alborada é un tipo de composición feita para tocar nas mañás dos días de festa. Especialmente coñecida foi a Alborada gallega de Pascual Veiga.

O ritmo circadiano, que regula o noso reloxo biolóxico interno, tamén ten paralelismos na música. Certos xéneros ou pezas musicais están deseñadas para ser escoitadas en momentos específicos do día (por exemplo as alboradas, feitas para seren tocadas nos amenceres dos días de festa). Varios estudos científicos vincularon a produtividade ou o estado de ánimo ao ritmo de determinadas pezas musicais.[15][16][17]

Ritmos reprodutivos[editar | editar a fonte]

Algunhas culturas teñen danzas e rituais que coinciden co ciclo menstrual.[18]

Ritmos noutras especies[editar | editar a fonte]

Algunhas especies de aves, como os canarios, teñen cantos que seguen patróns rítmicos en compases específicos.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ritmo.
  2. Liddell, Henry George & Scott, Robert: «ῥυθμός». A Greek-English Lexicon, Perseus project. Consultado o 13-08-2012.
  3. Compact Edition of the Oxford English Dictionary, vol. II. Oxford University Press, 1971, p. 2537.
  4. Snyder, Bob: Music and memory. MIT, 2000, p. 161.
  5. Clarke, Eric: «Rhythm and timing in music». The Psichology of Music, ed. Diana Deutsch. Academic Press, 1999, p. 473.
  6. «Rhythm». Art, Design and Visual Thinking. Consultado o 13-08-2012.
  7. "ritmo". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-09-25. 
  8. Dahlhaus, Carl. Rhythm and Meter in the Music of the Eighteenth Century. University of California Press, 1983.
  9. 9,0 9,1 "Ritmo" (en inglés). Encyclopaedia Britannica. Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  10. Hasty, Christopher. Meter as Rhythm. Oxford University Press, 1997.
  11. Cooper, Grosvenor W. (1960). The rhythmic structure of music. Chicago : University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-11521-4. 
  12. Rothstein, William Nathan (1989). Phrase Rhythm in Tonal Music (en inglés). Schirmer Books. ISBN 978-0-02-872191-0. 
  13. 13,0 13,1 Sebastiani, Laura; Mastorci, Francesca; Magrini, Massimo; Paradisi, Paolo; Pingitore, Alessandro (2022). "Synchronization between music dynamics and heart rhythm is modulated by the musician’s emotional involvement: A single case study". Frontiers in Psychology 13. ISSN 1664-1078. doi:10.3389/fpsyg.2022.908488/full. 
  14. T.K.V. Desikachar (1999). The Heart of Yoga: Developing a Personal Practice. ISBN 978-0892817641. 
  15. "These Are The 20 Best Songs To Wake Up To, According To Science". mindbodygreen (en inglés). 2015-11-03. Consultado o 2023-09-25. 
  16. "How Music Affects Your Productivity" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2023. 
  17. Stieg, Cory (2020-02-04). "Science says waking up to this specific alarm clock sound can give you more energy, reduce grogginess". CNBC (en inglés). Consultado o 2023-09-25. 
  18. Judy Grahn (1993). Blood, Bread, and Roses: How Menstruation Created the World. ISBN 978-0807075050. 
  19. "APA PsycNet". psycnet.apa.org (en inglés). Consultado o 2023-09-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]