Mauricio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Coordenadas: 20°12′S 57°30′L / -20.2, 57.5
República de Mauricio | |||
---|---|---|---|
Republic of Mauritius | |||
| |||
Lema: Stella Clavisque Maris Indici Chave e estrela do Océano Índico | |||
Himno: Motherland | |||
Capital • Poboación | Port Louis 1 250 882 (2007) | ||
Cidade máis poboada | Port Louis | ||
Linguas oficiais | inglés | ||
Forma de goberno | República | ||
Pritivirajsing Roopun[1] Pravind Jugnauth | |||
Independencia do Reino Unido | 12 de marzo de 1968 | ||
Superficie | Posto 180º | ||
• Total | 2 040 km² | ||
• % auga | 0,05 | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 177 km | ||
Poboación | Posto 149º | ||
• Total (2007) | 1 240 827 hab. | ||
• Densidade | 588 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 120º | ||
• Total (2006) | 16 898 millóns US$ | ||
• per cápita | 13 615 US$ | ||
Moeda | Rupia de Mauricio (MUR ) | ||
IDH (2007) | 0,804 (65º) – Alto | ||
Xentilicio | Mauriciano, -na | ||
Fuso horario | UTC + 4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .mu | ||
Prefixo telefónico | +230 | ||
Prefixo radiofónico | 3BA-3BZ | ||
Código ISO | 480 / MUS / MU | ||
Membro de: ONU, UA, Commonwealth | |||
Mauricio[2][3] é un país do océano Índico constituído polas illas Mascareñas orientais (Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotes máis ao norte: as illas Cargados Carallos e as illas Agalega. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seychelles, ao norte. Capital: Port Louis.
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia da illa Mauricio.
Mauricio xa era coñecida por mariñeiros árabes e malaios desde o século X. Os portugueses foron os primeiros europeos que chegaron á illa, en 1505.
Mauricio mantívose deshabitada ata o 1638 cando foi colonizada polos holandeses. Eles nomearon a illa en honor do príncipe Mauricio de Orange-Nassau. Debido a cambios climáticos, os ciclóns e a deterioración do chan fértil, os holandeses abandonaron a illa algunhas décadas despois. Os franceses controlaron a illa durante o século XVIII e nomeárona Île de France (Illa de Francia). A pesar de gañar a famosa guerra de Grand-Port contra os ingleses, os franceses foron derrotados por estes ao norte da illa, en Cap Malheureux, un mes despois. Iso significou a perda da posesión a favor dos británicos en 1810 e a posterior reversión da illa ao seu nome antigo.
En 1965, o Reino Unido separou o Arquipélago Chagos de Mauricio para crear o Territorio Británico do Océano Índico coa finalidade de utilizar esas illas estratéxicas con finalidades defensivas xunto cos Estados Unidos. A pesar de que o goberno de Mauricio estivo de acordo con dita manobra nese momento, os posteriores gobernos reclamaron esas illas sinalando que a separación foi ilegal á luz do dereito internacional.
A independencia foi conseguida en 1968. O país converteuse nunha república dentro da Commonwealth en 1992. Mauricio ten sido unha democracia estable con eleccións libres regulares e con respecto aos dereitos humanos, e atraeu considerables investimentos estranxeiros logrando un dos ingresos per cápita máis altos de África.
Mauricio apunta a ser o conector de negocios do Océano Índico. Búscanse novas oportunidades de negocio nos sectores bancario e tecnolóxico actualmente.
Política[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Política da illa Mauricio.
A illa Mauricio é controlada por un presidente que é elixido pola Asemblea Nacional e polo parlamento para un goberno de cinco anos. A Asemblea Nacional está formada por 62 membros elixidos directamente polo voto popular, entre 4 e 8 son designados os membros adicionais, chamados de "mellores perdedores", que son candidatos á elección para representar minorías étnicas. O goberno está formado polo Primeiro Ministro e polo consello de ministros.
Distritos e dependencias[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Distritos e dependencias da illa Mauricio.
A propia illa Mauricio está dividida en 9 distritos:
- 1.Black River.
- 2.Flacq.
- 3.Grand Port.
- 4.Moka.
- 5.Pamplemouses.
- 6.Plaines Willems.
- 7.Port Louis.
- 8.Rivière du Rempart.
- 9.Savanne.
Outras tres illas son tamén son parte da illa Mauricio:
- Agalega
- Cargados Carallos Shoals
- Rodrigues
Xeografía[editar | editar a fonte]
Xunto con Reunión e mais Rodrigues, Mauricio é parte das Illas Mascareñas. Este arquipélago foi formado nunha serie de erupcións volcánicas hai 8 ou 10 millóns de anos, e actualmente non posúe ningún volcán activo. A propia illa Mauricio está formada arredor dun planalto central, co seu cume máis alto no suroeste, Piton de la Riviere Noire con 828 m. Arredor do planalto, o cráter orixinal pode distinguirse entre as montañas.
O clima local é o tropical, modificado por ventos do sueste; é predominantemente quente, cun inverno seco e verán chuvioso.
A capital da illa e a maior cidade é Port Louis, no noroeste. Outras cidades importantes son Curepipe, Rose Hill, Catre Bornes e Vacoas.
Clima[editar | editar a fonte]
Mauricio posúe un clima tropical relativamente temperado ao longo de todo o ano dominado polos ventos do sueste. As temperaturas son moderadas e as precipitacións ocasionais, e danse máis nos meses do verán (novembro a maio), sendo os invernos máis secos (maio a novembro). As diferenzas térmicas entre as estacións son mínimas, na meseta central a temperatura varía entre os 20 °C en agosto e os 26 °C en febreiro, mentres que na costa a temperatura adoita ser máis alta, o mesmo ocorre co norte e o oeste de Mauricio, que son máis cálidos e secos que a parte sur e leste da illa. Os ciclóns afectan ao país durante os meses de verán (novembro a abril), o ciclón Holanda (1994) e o Dina (2002) foron os dous peores ciclóns que afectaron ao país nos últimos anos.
Ecoloxía[editar | editar a fonte]
No ano 2020 o embarrancamento dun petroleiro xaponés, o MV Wakashio, na costa de Grand Port fixo declara o estado de emerxencia ambiental na illa.[4]
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía da illa Mauricio.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Demografía da illa Mauricio.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Cultura da illa Mauricio.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Linguas[editar | editar a fonte]
O inglés é unha das linguas oficiais e é particularmente falada pola poboación de orixe india. A outra lingua oficial é o francés. A lingua de comunicación habitual é o Marisyen ou crioulo mauriciano, unha lingua crioula construída con base no francés. Moitos dos inmigrantes indios e chineses aínda falan as súas linguas de orixe.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mauritius installs ex-culture minister as president" (en inglés). 3 de decembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mauriciano.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ "Mauritius oil spill". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-12.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mauricio ![]() |