Agalega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 10°25′S 56°35′L / -10.417, -56.583

Agalega
Agaléga
Position of Agalega.png
Localización das illas Agalega.
Agalega Islands map-gl.png
Mapa do arquipélago de Agalega.
Situación
PaísMauricio Mauricio
ArquipélagoMascareñas
MarOéano Índico
Coordenadas10°25′S 56°35′L / -10.417, -56.583
Xeografía
XeoloxíaCoral
Superficie24 km²
Punto máis altoMontaigne d' Emmerez, 8m
Demografía
CapitalSainte Rite
Poboación289 hab. (2011))
Densidade12 hab./km²
Lingua propiaCrioulo de Agalega, inglés

Agalega (en francés îles Agaléga) é un grupo de dúas illas do Océano Índico pertencentes á república de Mauricio. Ten unha extensión de 70 km² e 289 habitantes de fala crioula mauricia e relixión católica. Sitúase a uns mil quilómetros ao norte da Illa Mauricio, a 10º 24´ de latitude sur e a 56º 37´de lonxitude oeste. A poboación das illas en xullo de 2011 estimábase en 300 habitantes.[1] As illas teñen unha superficie total de 2.600 ha. A illa norte ten 12´5 km. de lonxitude e 1´5 km. de ancho, mentres que a illa sur ten 7 km. de longo e 4´5 km. de largo. A Illa Norte alberga a pista de aterraxe das illas e a capital Vingt Cinq.[2] As illas son coñecidas polos seus cocos, cuxa produción é a súa principal industria, e polo lagarto de Agalega.

Existe un memorando de entendemento entre os gobernos de Mauricio e a India para desenvolver as illas Agalega que permite á India establecer alí unha base militar.[3][4][5][6] (see India–Mauritius military cooperation). Os habitantes locais están descontentos e protestan pola construción da base militar que está a xerar problemas de desemprego, cultura e soberanía de Mauricio.[7][8]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Polo que respecta ao seu nome existen tres versións:

  • Pode que o explorador Portugués Pedro de Mascarenhas bautizara ambas as illas no 1512, cando descubriu a illa Mauricio e a illa de Reunión. Así nomearía a illa Agalega e a illa de Santa María (a altura da costa leste de Madagascar) na honra a dous dos seus veleiros, "Galega" e "Santa María".
  • A segunda versión, a máis probable, é a que nos leva a Xoán de Nova, un mariñeiro galego ao servizo da coroa portuguesa. Coñecido polos seus mariñeiros baixo o alcume de Xoán Galego. Este bautismo está ben documentado en Os Novos Anais de Viaxe (Tomo 38, páxina 88). Está alí escrito que o chamado Xoan de Nova descubriu estas illas en 1501. Significaría "a [illa] galega"
  • A terceira pista do bautismo de ambas as illas é o do navegante Portugués Diogo Lopes de Sequeira. Sir Robert Scott explicou no seu libro que este navegante descubrira Agalega en 1509 chamándoa Baixas da Gale Galeass Bank, Gale significa un vento de forza 8 en inglés. O nome fai referencia, ironicamente, a formación dunha borrasca que modelou as costas de ambas as illas. Como consecuencia deste descubrimento, as cartas da rexión representaban os illotes como Gale, Galera, Galega e finalmente Agalega.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Imaxe de satélite da illa norte de Agalega.

Malia pertenceren ao grupo das illas Mascareñas, as illas Agalega están situadas moi ao norte das illas principais, constituíndo un pequeno arquipélago a máis de medio camiño cara ao grupo das Seychelles. As Agalega están 1 122 quilómetros ao norte da illa Mauricio.

O territorio das Agalega consta de dúas illas principais (North e a South Islands) cunha área total de 27 km², localizadas na periferia oeste dun longo atol coralino. A North Island é a maior e máis poboada.

  • Na Illa Norte de 12,5 km de lonxitude e 1,5 km de ancho está a capital Vingt Cinq e a vila de La Fourche, ademais do aeródromo. O camiño que une as diferentes localidades é coralino e areoso.
  • Na Illa Sur, de 7 km de lonxitude e 4,5 km de ancho, tan só hai unha vila, Sainte Rite, que a Enciclopedia Británica cita como a capital. Ten unha escola a "Jacques Le Chartier", un posto de policía e un pequeno hospital. Hai unha estrada pero poucos vehículos.

As dúas illas están separadas por uns 500 m. a 800 m. O punto máis alto é o outeiro de Emerez (Montaigne d' Emmerez) na illa do norte. O clima é quente e húmido e a temperatura media anual é de 26 °C, oscilando entre un mínimo de 22,5 °C e un máximo de 30,6 °C.

Nelas habita a lagarto de agalega (Phelsuma borbonica agalegae cheke) duns 140 mm as femias e 170 mm os machos, incluída na lista CITES de especies protexidas.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

O centro administrativo da illa está situado na capital Vingt Cinq (vinte e cinco), o nome é en lembranza dos 25 lategazos que recibían os escravos rebeldes,[9] e está a cargo dunha empresa pública mauriciana (OIDC - Outer Islands Development Corporation). A poboación total é de preto de 300 habitantes, vivindo moi illados, xa que non se permiten as visitas ás illas (excepto en prestación de servizos).

Non hai rede de auga corrente. A auga potable provén da chuvia recollida por caleiros. A auga para outros usos provén de pozos. A electricidade é producida por xeradores diésel e o seu abastecemento limítase a certas horas.

O servizo de saúde componse por un oficial de saúde e unha comadroa. Médicos que veñen de Mauricio fan breves xiras ao longo do ano. Tamén reciben a visita dun maxistrado no curso do ano.

As principais exportacións da illa son a copra e mailo aceite de coco, habendo tamén unhas poucas cabezas de gando.

Historia[editar | editar a fonte]

Imaxe de satélite de Agalega Norte

As illas eran coñecidas polos navegantes árabes e malaios, pero non houbo asentamentos permanentes, nin se atoparon rexistros escritos que o confirmen. Foron descubertas polos navegantes portugueses que facían a ruta entre Portugal e a India no século XVI. A principios do século XIX foi empregada como base no tráfico de escravos.

Agalega, ou Galega, foi explorada polo capitán Briggs do HMS Clorinde, o 12 de xaneiro de 1811, que parece que arranxou correctamente a súa situación, que antes non estaba ben comprobada. O desembarco resultou difícil debido ao forte oleaxe, a illa estaba rodeada por un arrecife. Unha persoa que antes dirixira un corsario francés, estaba nese momento asentada na illa, tendo baixo si unha colonia de negros (sic), que cultivaban parte do terreo[10] con millo e trigo.

O primeiro asentamento nas illas fundouno M. de Rosemond. Á súa chegada en agosto de 1808, descubriu os corpos de dous náufragos e unha botella que contiña notas escritas por un deles, o corsario Robert Dufour. A única montaña das illas, Montagne d'Emmerez (en realidade non máis que un outeiro), deriva o seu nome do segundo mariñeiro naufragado, Adelaide d'Emmerez, un mauriciano.

O desenvolvemento económico, infraestrutural e político das illas non comezou ata a chegada de Auguste Le Duc en 1827, un administrador francés enviado por M. Barbé para organizar a produción de aceite de coco e copra. Aínda existen varios monumentos históricos que datan do período de 1827 a 1846, feitos por escravos: a aldea de Vingt-Cinq (que recibe o nome dos 25 lategazos que se lle daban aos escravos rebeldes), as alxubes dos escravos, un muíño de aceite, un cemiterio para negros e un cemiterio para brancos, entre outros. Auguste Le Duc tamén comezou a construír unha ponte entre as dúas illas, aínda que foi arrasada polo mal tempo.

O pai Victor Malaval trouxo a Igrexa Católica ás illas en 1897 como primeiro misioneiro. Construíuse unha capela improvisada na Illa Sur.

A orixe dos habitantes estivo moi influenciada pola situación política do mundo no século XIX (Mauricio, que pasou aos ingleses en 1810, a abolición do comercio de escravos, a abolición da escravitude en 1835 e a chegada de obreiros asiáticos non cualificados). Os propios escravos eran de orixe malgache, ou de Madrás na India, mentres que algúns foron liberados dos barcos de escravos outros procedian dos portos comerciais das illas Comores.

Lendas como "Calèche Blanc" e "Princesse Malgache" forman parte do folclore das illas, así como a linguaxe codificada de "Madam langaz Seret" que vén da época dos escravos. Esta lingua é unha mestura de francés e crioulo de Mauricio onde cada sílaba se duplica coas primeiras consoantes substituídas pola "g" (por exemplo, "Français" pasa a ser "frangrançaisgais"). A orixe e o propósito desta lingua seguen sen estar claros.

Hoxe, a poboación está formada por unhas 300 persoas, coñecidas localmente como Agaléens (Agalegos), que falan crioulo. O catolicismo é a súa relixión dominante.

Cartografía e descripcción[editar | editar a fonte]

Agale 1519 Atlas Miller, Pedro Reiner [1]

Gale 1519 Carte du Monde Jorge Reinel, Sevilla [2]

Y. de la Gale 1525 Planisfero Castiglioni: Carta del navigare universalissima et dil. gentilissima, Sevilla [3]

Y. de la Galera 1548 Africa Nova tabula Gioan. Gastaldi, Giacomo; Pietro Andrea, Pb. Baptista Pedrezano Venecia [4]

Y. de la galera 1570 Ortelius, Abraham, 1527-1598 Africae Tabula Nova.Pb. Gielis Coppens van Diest; Anberes [5]

Agalega 1587 Tavola XVI. Che Ha Sua Superiore La Tavola Settima. Libro Terzo. Monte (Monti), Urbano, 1544-1613 Manuscript [6]

Da Galega 1595 Indian Ocean. Delineatio Orarum maritimarum, Terra vulgo indigetata Terra do Naral, item Sofale, Mozambicae ....Linschoten, Jan Huygen van, 1563-1611Paludanus, Bernard, 1550-1633 Chez Evert Pb. Cloppenburgh, Amsterdam [7]

Y. de la Galera 1599 Africa Nuova tavola, Ruscelli,Girolamo; Rosaccio, Giuseppe; Appresso gli heredi di Melchior Sessa; Venecia [8]

I. du Gallega: 1607 "Abissinorum Sive Pretiosi Ioannis Imperiu" Cornelis Claes, Amsterdam [9]

I. d. Gale 1665 Blaeu, Joan, 1596-1673 Africae nova descriptio Pb Joan Blaeu, Amsterdam [10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]