Port Louis, Port Louis
Epónimo | Lois XV de Francia ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Mauricio | ||||
District of Mauritius (en) ![]() | Port Louis ![]() | ||||
Capital de | Port Louis Ilha de França (Maurícia) (pt) ![]() British Mauritius (en) ![]() Commonwealth realm of Mauritius (en) ![]() Mauricio (1992–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 149.194 (2012) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46.700.000 m² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Índico ![]() | ||||
Altitude | 134 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1735 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Municipal City Council of Port Louis (en) ![]() ![]() | ||||
ISO 3166-2 | sen valor e MU-PU ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | La Possession (1988–) Foshan (pt) ![]() Pretoria (1997–) Saint-Malo (1999–) Antsiranana (pt) ![]() Port Mathurin (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | mccpl.mu ![]() |
Port Louis é a capital e maior cidade de Mauricio. Situada no distrito homónimo, a cidade é o principal porto da illa, tiña unha poboación de 147.688 habitantes en 2003.
Historia
[editar | editar a fonte]Os holandeses tomaron posesión da Illa Mauricio en 1638. Durante os primeiros anos da súa chegada, ocuparon dous puntos da illa, a baía do Gran Porto coñecida naquela época como Warwyck Haven e Port Louis, que foi chamado Noord-Wester Haven (Porto Noroeste en neerlandés) que abandonaron en 1658[1] e definitivamente en 1710. Tras pasar a posesión francesa os primeiros colonos, tras intentar facelo en Port Bourbon, asentáronse nos arredores do antigo porto neerlandés cara a 1722 [2]. En 1729, Nicolas de Maupin convértese no primeiro administrador da illa enteira. Baixo a súa administración, Port Louis converteuse na capital administrativa de feito e principal porto, en detrimento de Port Bourbon (Gran Porto). A Compañía francesa das Indias Orientais envía en 1732 ao enxeñeiro Cossigny para axudar na construción de fortificacións e do porto da cidade. En 1735 chegou o primeiro gobernador, Bertrand François Mahé de Labourdonnais, ao territorio, oficializou o asentamente como capital do territorio, e en menos de dez anos, Port Louis dotouse de construcións de defensa, así como hospitais, celeiros etc. A capital tomou forma grazas ao traballo dos escravos africanos e algúns artesáns chegados desde a cidade india de Madrás.
De 1767 a 1790, a illa pasa á tutela real. Os últimos anos da administración da compañía das Indias Orientais estiveron marcados pola falta de atención das autoridades e da coroa.
De 1772 a 1781, o porto foi agrandado, o que permitiu converterse a Port Louis nunha base estratéxica para as operacións francesas na India e durante a guerra de independencia dos Estados Unidos de Norteamérica. En 1804, a cidade tomou o nome de Port Napoleón, en honra ao emperador recentemente coroado.
Economía
[editar | editar a fonte]
A maior parte dos ingresos da cidade proveñen da actividade portuaria, que manexa a maior parte do comercio mauriciano. O porto transformouse nun porto dinámico, en 2005 foron calculados uns 300.000 movementos polas autoridades portuarias..
A industria da cidade está dominada polos téxtiles, aínda que os produtos químicos como o plástico e os produtos farmacéuticos son tamén de grande importancia.
O turismo é outra das actividades que máis ingresos deixa á cidade, o número de turistas aumentou considerablemente nos últimos anos, o que permitiu unha diversificación da industria local.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación da cidade componse basicamente dos descendentes dos traballadores empregados pola Compañía francesa das Indias Orientais no século XIX. Os escravos xa foran introducidos un século antes polos británicos e franceses que trataron de conquistar a illa.
En 1835 cando a escravitude foi abolida, chegaron centos de traballadores chineses e indios, aos que se empregaba en traballos agrícolas, como a recolección de cana de azucre para a fabricación do ron.
Actualmente a poboación componse nun 50% de indios, a maioría seguidores da fe hindú, unha gran porcentaxe de africanos e unha minoría de chineses e indoeuropeos.