Economía de Mauricio
Economía de Mauricio | |
---|---|
Moeda | Rupia de Mauricio |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Mercado Común da África Oriental e Austral, Unión Africana e outros |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 20.95 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 131ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3.4% (2013) |
PIB per cápita | $ 16 100 (2013) |
PIB por sector | agricultura 4.5%, industria 22%, comercio e servizos 73.4% (2013) |
Inflación | 3.5% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 637.600 (2013) |
Forza de traballo por sector | agricultura 9%, industria e construción 30%, transportes 7%, comercio, restaurantes e hoteis 26%, finanzas 6%, outros servizos 25% (2007) |
Desemprego | 8.3% (2013) |
Industrias | procesamento de alimentos (en gran parte produción de azucre), téxtiles, roupa, minerios, produtos químicos, produtos de metal, equipamento de transporte, máquinas non eléctricas, turismo |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 2 788 millóns (2013) |
Produtos de exportación | roupas e téxtiles, azucre, flores, melaza, peixe, primatas (para investigación) |
Principais mercados | O Reino Unido 19.3%, Francia 16.4%, os Estados Unidos 9.9%, Suráfrica 9.8%, España 7.5%, Italia 6.9% e Madagascar 6.8% (2012) |
Importacións | 4 953 millóns (2013) |
Principais produtos importados | manufacturados, bens de capital, alimentos, derivados de petróleo, produtos químicos |
Principais mercados | India 23.1%, República Popular da China 16%, Francia 8.5%, Suráfrica 6.5% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 2 894 millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Dende a súa independencia o 1968, a economía de Mauricio - ata entón unha economía de baixa renda baseada na agricultura - tornouse diversificada, co crecemento dos sectores industriais, financeiros e turísticos.[1] O crecemento anual en case todo o período foi de 5 a 6%. Esta realización notábel reflectiuse nunha distribución de renda máis xusta, no aumento da expectativa de vida, na caída da mortalidade infantil e nunha mellora da infraestrutura do país[1].
A plantación de cana de azucre ocupa 90% das terras cultivadas e corresponde a 15% do total de exportacións.[1] A estratexia de desenvolvemento do goberno céntrase en expandir institucións financeiras locais na construción dun sistema de telecomunicacións interno. Actualmente o país é sede dunhas 32 mil empresas, a maioría con negocios con Suráfrica, a India e a República Popular da China[1].
Grazas á implantación dunha zona franca, Mauricio converteuse nun local de importación, beneficiamento e reexportación de produtos. O turismo é outra actividade económica destacada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 5 de setembro de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).