Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares | |
---|---|
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares | |
País | España |
Localización | Ferreira de Pallares (Guntín) |
Coordenadas | 42°52′53″N 7°40′44″O / 42.88138889, -7.67888889 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares é un mosteiro medieval situado na parroquia de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse no ano 909 polos condes don Ero Fernández e dona Laura; aínda que, o mosteiro existía antes da doazón de Ero e Elvira, pese a que a importancia da doazón fixo que os considerasen fundadores. A súa neta, a condesa Ocrocia Gosteez, ergeuse contra o rei Fernando I de León.
Desde principios do século X prodigáronse as doazóns ao mosteiro, igual que no século XI e continuaron no século XII coas de Afonso VII, Afonso XI, Fernando Muñiz, a condesa Fronilde e Afonso IX. Ao longo do século XIII o patrimonio do mosteiro seguiu aumentando grazas a doazóns e permutas, coma a realizada co bispo de Lugo, Martín, o 18 de xaneiro de 1228, ou mediante compra (a do abade Martín o 3 de febreiro de 1228). A posesión destes bens non foi sempre pacífica e ás veces tivo que intervir o propio monarca. A protección real foi continua: Sancho IV, Fernando IV, Afonso XI, Pedro I e Xoán I confirmaron e sentenciaron en varias ocasións a favor do cenobio.
Cando, a petición dos Reis Católicos, se leva a cabo a reforma dos mosteiros galegos, Ferreira de Pallares foi anexionado por San Xián a Samos no ano 1517. A anexión foi sancionada pola bula de León X. Desde este momento quedou como priorado dependente do mosteiro de Samos ata a exclaustración do ano 1835.
Na actualidade é unha simple parroquia da diocese de Lugo.
A igrexa mosteiro é, segundo Yepes,[Cómpre referencia] unha das mellores de todo o bispado de Lugo. Nela mestúranse fórmulas e solucións románicas con outras protogóticas. Conserva dous sepulcros do gótico flamíxero da liñaxe dos Rodeiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ábsida.
-
Capela funeraria.