San Romao da Retorta, Guntín
| San Romao da Retorta | |
|---|---|
Igrexa parroquial | |
| Concello | Guntín[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°57′20″N 7°44′41″O / 42.9556188, -7.7448042 |
| Área | 5,61 km² |
| Poboación | 88 hab. (2020) |
| Densidade | 15,69 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Romao da Retorta é unha parroquia do concello de Guntín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2010 tiña 101 habitantes, deles 55 eran homes e 46 eran mulleres, o que supón unha diminución de habitantes en relación ao ano anterior, 2009.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Quedan pegadas da prehistoria no castro da Retorta. Un miliario adicado a Calígula no 40 d.C., atopado nos anos oitenta é un sólido indicio de que pola parroquia pasaba a Vía XIX. O miliario orixinal consérvase no Museo de los Caminos de Astorga. Na parroquia colocouse unha reprodución[2].
A igrexa parroquial de San Romao da Retorta é románica. Construída a finais do século XII, ten planta rectangular. A súa primitiva cabeceira foi substituída no século XVII, conserva íntegros os muros da nave, con dúas portadas no norte e oeste.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de San Romao da Retorta.
-
Porta lateral da igrexa.
-
Camposanto.
-
Vista xeral.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Euxea
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Romao da Retorta no concello de Guntín (Lugo) | |
|---|---|
|
Goián | Perros | O Rebordelo de Abaixo | O Rebordelo de Arriba | San Romao | Tralapina | Vilarreal | Xanaz | O Xuriz |
Parroquias de Guntín
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As parroquias de Guntín na web do concelloArquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Miliario de San Romao da Retorta". Patrimonio Galego. Consultado o 12/06/2020.