Estroncio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estroncio
RubidioEstroncioItrio
Ca
  Cubic, face-centered.png
 
38
Sr
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Sr
Ba
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Estroncio, Sr, 38
Serie química Metal alcalinotérreo
Grupo, período, bloque 2, 5, s
Densidade 2,630 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Metálico prateado esbrancuxado
Strontium destilled crystals.jpg
N° CAS 7440-24-6
N° EINECS 231-133-4
Propiedades atómicas
Masa atómica 87,62 u
Radio medio pm
Radio atómico (calc) 219 pm
Radio covalente 195 pm
Radio de van der Waals 249 pm
Configuración electrónica [Kr]5s2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 8, 2
Estado(s) de oxidación 2
Óxido base forte
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1050 K
Punto de ebulición 1655 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 144 kJ/mol
Entalpía de fusión 8,3 kJ/mol
Presión de vapor 246 Pa a 1042 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 0,95
Calor específica 300 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 7,62·106 S/m
Condutividade térmica 35,3 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 549,5 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1064,2 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 4138 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
84Sr 0,56% estable con 46 Neutróns
86Sr 9,86% estable con 48 Neutróns
87Sr 7,0% estable con 49 Neutróns
88Sr 82,58% estable con 50 Neutróns
90Sr Sintético 28,78 a β- 0,546 90Y
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O estroncio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Sr e o seu número atómico é 38.

Características principais[editar | editar a fonte]

O estroncio é un metal brando de cor prateada brillante, algo maleable, que rapidamente se oxida en presenza de aire adquirindo un ton amarelento pola formación de óxido polo que debe conservarse mergullado en queroseno. Debido á súa elevada reactividade o metal atópase na natureza combinado con outros elementos e compostos. Reacciona rapidamente ca auga liberando o hidróxeno para formar o hidróxido.

O metal arde en presenza de aire -espontaneamente se se atopa en po finamente dividido- con chama vermella rosada formando óxido e nitruro; dado que co nitróxeno non reacciona por baixo de 380 °C forma unicamente o óxido cando arde a temperatura ambiente. Os sales volátiles de estroncio pintan dunha fermosa cor carmesí as chamas polo que se usan en pirotecnia.

Presenta tres estados alotrópicos con puntos de transición a 235 °C e 540 °C.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Hoxe día o principal uso do estroncio é en cristais para tubos de raios catódicos de televisores en cor debida á existencia de regulacións legais que obrigan a utilizar este metal para filtrar os raios X evitando que incidan sobre o espectador. Outros usos son:

  • Pirotecnia (nitrato).
  • Produción de imans de ferrita
  • O carbonato úsase no refino do cinc (remoción do chumbo durante a electrólise), e o metal na desulfurización do aceiro e como compoñente de diversas aliaxes.
  • O titanato de estroncio ten un índice de refracción extremadamente alto e unha dispersión óptica maior cá do diamante, propiedades de interese en diversas aplicacións ópticas. Tamén se usou ocasionalmente como xema.
  • Outros compostos de estroncio utilízanse na fabricación de cerámicas, produtos de vidro, pigmentos para pinturas (cromato), lámpadas fluorescentes (fosfato) e medicamentos (cloruro e peróxido).
  • O isótopo radioactivo Sr-89 úsase na terapia do cancro, o Sr-85 utilizouse en radioloxía e o Sr-90 en xeradores de enerxía autónomos.

Historia[editar | editar a fonte]

O estroncio (de estronciana) foi identificado en 1970 por Adair Crawford no mineral estroncianita distinguíndoo doutros minerais de bario. En 1798 Klaproth e Hope descubrírono de forma independente. O primeiro en illar o estroncio foi Humphry Davy mediante electrólise da estronciana —óxido de estroncio— de onde provén o nome do metal.

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

O estroncio é un elemento abundante na natureza representando unha media do 0,034% de tódalas rochas ígneas e atópase maioritariamente en forma de sulfato (celestita) e carbonato (estroncianita). A similitude dos radios iónicos de calcio e estroncio fai que este poida substituír ao primeiro nas redes iónicas das súas especies minerais o que provoca que o estroncio estea moi distribuído. A celestita atópase en boa medida en depósitos sedimentarios de tamaño suficiente para que a súa minería sexa rendible razón pola que é o principal mineral de estroncio malia que a estroncita sería, en principio, mellor xa que o estroncio se consome principalmente en forma de carbonato, así a todo os depósitos de estroncita economicamente viables atopados ata a data son escasos. As explotacións principais de mineral de estroncio atópanse en Inglaterra.

O metal pódese extraer por electrólise do cloruro fundido mesturado con cloruro de potasio:

(cátodo) Sr2+* + 2e- → Sr (ánodo) Cl-* ½Cl2 (gas) + e-

ou ben por aluminotermia, é dicir, redución do óxido con aluminio en baleiro á temperatura de destilación do estroncio.

Isótopos[editar | editar a fonte]

O estroncio ten catro isótopos naturais estables: Sr-84 (0,56%), Sr-86 (9,86%), Sr-81 (7,0%) e Sr-88 (82,58%). Unicamente o isótopo Sr-87 é radioxénico, produto da desintegración de rubidio-87. Xa que logo, o Sr-87 pode ter dúas orixes o formado durante a síntese nuclear primordial (xunto cos outros tres isótopos estables) e o formado polo decaemento do rubidio. A razón Sr-87/Sr-86 é o parámetro tipicamente utilizado na datación radiométrica da investigación xeolóxica, atopándose entre valores entre 0,7 e 4,0 en distintos mineralé e rochas.

Coñécense dezaseis isótopos radioactivos. O máis importante é o Sr-90, de 29 anos de vida media, subproduto da choiva nuclear que segue ás explosións nucleares e que representa un importante risco sanitario xa que substitúe con facilidade ao calcio nos ósos dificultando o seu eliminación. Este isótopo é un dos mellor coñecidos emisores beta de alta enerxía e longa vida media e emprégase en xeradores auxiliares nucleares (SNAP, Systems for Nuclear Auxiliary Power) para naves espaciais, estacións meteorolóxicas remotas, balizas de navegación e, en xeral, aplicacións nas cales se requira unha fonte de enerxía eléctrica lixeira e con grande autonomía.

Precaucións[editar | editar a fonte]

O estroncio puro é extremadamente reactivo e arde espontaneamente en presenza de aire polo que se lle considera un risco de incendio.

O corpo humano absorbe estroncio do mesmo xeito ca calcio. As formas estables (non radioactivas) de estroncio non provocan efectos adversos significativos na saúde, pero o Sr-90 radioactivo acumúlase no corpo prolongando a exposición á radiación e provocando diversas desordes incluído o cancro de óso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]