Bismuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristal de bismuto. A iridescencia prodúcese por efectos de interferencia nunha capa fina de óxido que se forma ao retirar o cristal quente do bismuto líquido.

O bismuto é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Bi e o seu número atómico é 83.

Este metal do bloque p, pesado, quebradizo e branco cristalino, parécese quimicamente aos elementos que o preceden no grupo, antimonio e arsénico (aínda que estes sóense considerar como semimetais).

É o metal con maior diamagnetismo e, despois do mercurio, é o elemento con menor condutividade térmica.

Emprégase nalgunhas aliaxes e algúns dos seus compostos empréganse como cosméticos e en aplicacións farmacéuticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]