Período da táboa periódica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os períodos son as filas horizonais da táboa periódica. Malia que os grupos adoitan ter tendencias periódicas máis significativas, hai rexións nas que as tendencias horizontais son máis significativas, como por exemplo no bloque f, onde os lantánidos e actínidos forman dúas series horizontais substanciais de elementos.[1] Os elementos do mesmo período presentan tendencias no raio atómico, enerxía de ionización, afinidade electrónica e electronegatividade. Ó desprazarse de esquerda a dereita por un período, o radio atómico adoita diminuír. Isto sucede porque cada elemento sucesivo ten un protón e un electrón engadido, o que provoca que o electrón sufra unha maior atracción cara ao núcleo.[2] Esta diminución no raio atómico tamén provoca un incremento na enerxía de ionización ó desprazarse de esquerda a dereita polo período. Canto máis firmemente unido está un elemento, máis enerxía se precisa para eliminar un electrón. A electronegatividade incrementa da mesma forma que a enerxía de ionización por mor da atracción exercida polo núcleo nos electróns. A afinidade electrónica tamén presenta unha lixeira tendencia nos períodos. Os metais (na parte esquerda) adoitan ter unha menor afinidade electrónica que os non metais (na parte dereita), coa excepción dos gases nobres.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stoker, S. H. (2007). General, organic, and biological chemistry. Nova York: Houghton Mifflin. p. 68. ISBN 978-0-618-73063-6. OCLC 52445586. 
  2. Mascetta, J. (2003). Chemistry The Easy Way (4ª ed.). Nova York: Hauppauge. p. 50. ISBN 978-0-7641-1978-1. OCLC 52047235. 
  3. Kotz, J.; Treichel, P.; Townsend, John (2009). Chemistry and Chemical Reactivity, Volume 2 (7ª ed.). Belmont: Thomson Brooks/Cole. p. 324. ISBN 978-0-495-38712-1. OCLC 220756597. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.