Saltar ao contido

Gadolinio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gadolinio
-
 
 
64
Gd
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Gd
Cm
EuropioGadolinioTerbio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Gadolinio
Información xeral
Nome, símbolo, número Gadolinio, Gd, 64
Serie química Lantánidos
Grupo, período, bloque n/d, 6, f
Densidade 7901 kg/m3
Dureza (37 HV)
Aparencia Branco prateado
N° CAS 7440-54-2
N° EINECS 231-162-2
Propiedades atómicas
Masa atómica 157,25(3)[1] u
Raio medio 188 pm
Raio atómico (calc) 233 pm
Raio covalente pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Xe]4f75d16s2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 25, 9, 2
Estado(s) de oxidación 3
Óxido Levemente básico
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1585 K
Punto de ebulición 3523 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 359,4 kJ/mol
Entalpía de fusión 10,05 kJ/mol
Presión de vapor 24400 Pa at 1585 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 2680 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,20
Calor específica 230 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 0,736·106 S/m
Condutividade térmica 10,6 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 593,4 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1170 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 1990 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 4250 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
152Gd0,20%1,08·1014 aα2,205148Sm
154Gd2,18%estable con 90 neutróns
155Gd14,80%estable con 91 neutróns
156Gd20,47%estable con 92 neutróns
157Gd15,65%estable con 93 neutróns
158Gd24,84%estable con 94 neutróns
160Gd21,86%1,3·1021 aβ-β-sen datos160Dy
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O gadolinio é un elemento químico na táboa periódica. Ten o símbolo Gd e correspóndelle o número atómico 64.

En 1880 o químico suízo Jean Charles Galissard de Marignac observou liñas espectroscópicas debidas ao gadolinio en mostras de didinio e gadolinita. O químico francés Paul Émile Lecoq de Boisbaudran separou óxido de gadolinio en 1886. O elemento como tal non se illou ata hai pouco tempo.

O gadolinio, como o mineral gadolinita, recibiu ese nome na honra do químico e xeólogo finlandés Johan Gadolin.

Propiedades notables

[editar | editar a fonte]
Gadolinio

O gadolinio é un metal que pertence ao grupo das terras raras. Ten unha cor branca semellante á da prata e ten unha maleabilidade e unha ductilidade considerable. A súa estrutura cristalina pode ser de dous tipos, chamados respectivamente forma α e β: a temperatura ambiente é hexagonal e por riba de 1508 K é cúbica centrada no corpo.

O gadolinio é estable en ar seco, mais a humidade fai que xere óxido na súa superficie. Este tende a se desprender da peza metálica, co que expón máis superficie ao ataque químico. O gadolinio e máis as súas sales son solubles en medio ácido, pero non en medio básico, onde forman hidróxidos de consistencia xelatinosa.

Por baixo de 1.083 K o gadolinio é supercondutor. Presenta tamén fortes propiedades magnéticas, tanto a temperaturas usuais coma a baixa temperatura.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

As aplicacións do gadolinio máis salientables son as seguintes:

  • Fabricación do fósforo das televisións a cor, discos compactos e memorias de ordenador.
  • Aditivo metalúrxico, mellorando as propiedades das aliaxes de ferro e cromo.
  • En forma de complexo, actúa coma contraste intravenoso mellorando a calidade e máis o valor diagnóstico das imaxes de resonancia magnética.
  • No futuro, é probable que as propiedades de certos derivados de sulfato de gadolinio sexan aplicados en tecnoloxía de masers debido ó reducido nivel de ruído que presentan.

Isótopos

[editar | editar a fonte]

As ocorrencias naturais do Gadolinio compóñense de 5 isótopos estables, 154Gd, 155Gd, 156Gd, 157Gd e 158Gd, e 2 radioisótopos, 152Gd e 160Gd, sendo 158Gd o máis abundante (24.84% abundancia natural).

Precaucións

[editar | editar a fonte]

Coma o resto de lantánidos, os compostos do gadolinio son de baixa e media toxicidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]