Punto de inflamabilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O punto de inflamabilidade é o conxunto de condicións de contorna no que unha substancia combustible inflamable, está en condicións de iniciar unha combustión se se lle aplica unha fonte de calor a temperatura abonda, chegando ó momento de ignición. Unha vez retirada a fonte de calor externa poden ocorrer dúas cousas: que se manteña a combustión iniciada, ou que se apague o lume por si só.

A diferenza entre punto de inflamabilidade e punto de ignición, é que no primeiro, o combustible está en condicións de inflamarse, pero fáltalle a calor de ignición; o punto de ignición é no caso que se producise xa a inflamación, é dicir, aplicouse a calor de ignición.

Se se consideran unhas condicións normais de presión (presión atmosférica normal de 101,3 kPa), esas condicións redúcense a unha temperatura mínima e unha proporción determinada de vapor de combustible no aire ambiente, que pode darse nunha pequena parte do mesmo. Son importantes tanto a temperatura como a proporción da mestura. De feito a temperatura pode ser relativamente baixa, a maioría das veces inferior ás normais no ambiente, pero a esa temperatura os combustibles líquidos empezan a desprender vapores que, ó mesturarse co osíxeno do aire ou outro comburente, poden dar as condicións, para que calquera faísca que alcance a temperatura de ignición necesaria, inicie o lume. Entre estas condicións é fundamental a proporción dos gases co aire e, tanto se a proporción de gases é escasa, coma se é excesiva, non se producirá a ignición.

Para medir o punto de inflamabilidade úsase o aparello de Pensky-Martens.

Temperatura de inflamabilidade dalgunhas substancias:[editar | editar a fonte]

Combustible temperatura
Alcol etílico 12 °C / 53.6 °F
Alcol metílico 11 °C / 51.8 °F
Alcol butílico 37 °C / 98,6 °F
Gasolina -40 °C / -45.4 °F
Nafta de petróleo -2 °C / 28.4 °F
Queroseno 38 °C a 72 °C / 100.4 °F a 161.6 °F
Gasóleo 52 °C a 96 °C / 125.6 °F a 204.8 °F
Benceno 20 °C / 68.0 °F
Hexano -28 °C / -18.4 °F
Tolueno 9 °C / 48.2 °F
Furfural 62 °C / 143.6 °F

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]