ChEBI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico)[1][2] é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas).[1] O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado".[3] As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente polo xenoma, como ácidos nucleicos, proteínas e péptidos derivados de proteínas por corte proteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.

O ChEBI usa a nomenclatura, simbolismo e terminoloxia da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).

Alcance e acceso[editar | editar a fonte]

Todos os datos nesta base de datos son de tipo non-proprietario ou derivan de fontes non-propietarias. Deste modo son libremente accesibles e están á disposición de calquera. Ademais, cada ítem é doadamente tracexable e explicitamente referenciado ás fontes orixinais.

Os datos de ChEBI están dispoñibles por medio dunha interface de web pública, un sevicio web e descargas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 De Matos, P.; Alcantara, R.; Dekker, A.; Ennis, M.; Hastings, J.; Haug, K.; Spiteri, I.; Turner, S.; Steinbeck, C. (2009). "Chemical Entities of Biological Interest: An update". Nucleic Acids Research 38 (Database issue): D249–54. PMC 2808869. PMID 19854951. doi:10.1093/nar/gkp886. 
  2. Degtyarenko, K.; De Matos, P.; Ennis, M.; Hastings, J.; Zbinden, M.; McNaught, A.; Alcantara, R.; Darsow, M.; et al. (2007). "ChEBI: A database and ontology for chemical entities of biological interest". Nucleic Acids Research 36 (Database issue): D344–50. PMC 2238832. PMID 17932057. doi:10.1093/nar/gkm791. 
  3. IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2ª ed. (the "Gold Book") (1997). Versión en liña corrixida:  (2006–) "molecular entity".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]