Xema (mineraloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xemas: turquesa, hematita, crisocola e ollo de tigre (primeira fila), cuarzo, turmalina, cornalina, pirita e suxilita (segunda fila), malaquita, cuarzo rosa, obsidiana, rubí e ágata (terceira fila), xaspe, ametista, ágata azul e lapislázuli (cuarta fila).
Algúns tipos de corte de xemas.

Unha xema ou pedra preciosa é un mineral, rocha ou material petrificado que se usa na xoiaría, tras ser cortado e puído. Outras xemas son orgánicas, como o ámbar, resina de árbore fosilizada. Algunhas xemas belas son demasiado fráxiles para seren usadas na xoiaría, debendo ser expostas só nos museos.

Xeneralidades[editar | editar a fonte]

Algunhas son manufacturadas para imitaren outras xemas. As imitacións copian a forma e a cor da pedra pero non posúen as súas características físicas ou químicas. Porén, as xemas sintéticas non son necesariamente unha imitación. Por exemplo, o diamante, o rubí, o zafiro e a esmeralda creadas en laboratorio posúen as mesmas características físicas e químicas que o artigo orixinal. Pequenos diamantes artificiais foron manufacturadas masivamente por varios anos, aínda que só recentemente foron creados grandes diamantes de calidade, especialmente os de cor.

Unha xema é avaliada principalmente pola súa beleza e perfección. De feito, a aparencia é o máis importante. A beleza tamén debe ser duradeira; se unha xema se estraga, perde o seu valor instantaneamente. As características que fan a unha pedra fermosa son a súa cor, un fenómeno óptico raro, unha incrustación como cun fósil, a súa rareza e, algunhas veces, a forma peculiar do cristal.

Tradicionalmente as xemas eran divididas en dous grandes grupos, as preciosas e as semi-preciosas. Considerouse que había cinco tipos de xemas preciosas:

Actualmente todas as pedras son consideradas valiosas, aínda que as cinco "xemas cardinais" son consideradas usualmente, pero non sempre, as máis caras. Hai aproximadamente 130 especies de minerais, entre as que podemos destacar:

As xemas son descritas e diferenciadas polos especialistas por certas especificacións técnicas. Os diamantes, por exemplo, son de carbono (C). Por outro lado, moitas xemas e cristais son clasificados pola súa forma.

As xemas son clasificadas en distintos grupos, especies e variedades. Por exemplo, a esmeralda é da variedade verde, augamariña (azul) e a morganita (rosado), estas variedades son todas da especie do berilio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]