Bloque da táboa periódica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A táboa periódica dos elementos pode dividirse en bloques de elementos segundo o orbital que estean ocupando os electróns máis externos. No diagrama amósanse os bloques nos que se divide a táboa periódica estándar.

Bloques tabla periódica.png

Os bloques chámanse segundo a letra que fai referencia ao orbital máis externo: s, p, d e f. Podería haber máis elementos que encherían outros orbitais, pero non se sintetizaron ou descubriron; neste caso continúase coa orde alfabética para nomealos.

Hai outras formas de agrupar aos elementos en distintas familias. Véxase serie química.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.