Número atómico
O número atómico é o número enteiro positivo que designa o número de protóns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra Z. Este número é característico de cada elemento químico e representa unha propiedade fundamental do átomo: a súa carga nuclear.
Nun átomo eléctricamente neutro (sen carga eléctrica neta), o número de electróns é igual ao de protóns. Así, o número atómico indica asemade o número de electróns dun átomo e define a súa configuración electrónica.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1913 Henry Moseley demostrou a relación existente entre os valores das lonxitudes de onda dos raios X emitidos por diferentes elementos logo de ser bombardeados con electróns, e os números atómicos destes elementos [1]. Este feito permitiu clasificar os elementos da táboa periódica por orde crecente do seu número atómico, tal como se utiliza na actualidade.
Lista de elementos químicos por número atómico
[editar | editar a fonte]- Hidróxeno
- Helio
- Litio
- Berilio
- Boro
- Carbono
- Nitróxeno
- osíxeno
- Flúor
- Neon
- Sodio
- Magnesio
- Aluminio
- Silicio
- Fósforo
- Xofre
- Cloro
- Argon
- Potasio
- Calcio
- Escandio
- Titanio
- Vanadio
- Cromo
- Manganeso
- Ferro
- Cobalto
- Níquel
- Cobre
- Zinc
- Galio
- Xermanio
- Arsénico
- Selenio
- Bromo
- Cripton
- Rubidio
- Estroncio
- Itrio
- Circonio
- Niobio
- Molibdeno
- Tecnecio
- Rutenio
- Rodio
- Paladio
- Prata
- Cadmio
- Indio
- Estaño
- Antimonio
- Telurio
- Iodo
- Xenon
- Cesio
- Bario
- Lantano
- Cerio
- Praseodimio
- Neodimio
- Promecio
- Samario
- Europio
- Gadolinio
- Terbio
- Disprosio
- Holmio
- Erbio
- Tulio
- Iterbio
- Lutecio
- Hafnio
- Tántalo
- Volframio
- Renio
- Osmio
- Iridio
- Platino
- Ouro
- Mercurio
- Talio
- Chumbo
- Bismuto
- Polonio
- Ástato
- Radon
- Francio
- Radio
- Actinio
- Torio
- Protactinio
- Uranio
- Neptunio
- Plutonio
- Americio
- Curio
- Berkelio
- Californio
- Einsteinio
- Fermio
- Mendelevio
- Nobelio
- Laurencio
- Rutherfordio
- Dubnio
- Seaborgio
- Bohrio
- Hassio
- Meitnerio
- Darmstadtio
- Roentgenio
- Copernicio
- Nihonio
- Flerovio
- Moscovio
- Livermorio
- Ténnesso
- Oganesson
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha sobre Henry Moseley". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2010.