Magnesio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magnesio
Mg,12.jpg
Be
  Hexagonal.svg
 
12
Mg
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Mg
Ca
SodioMagnesioAluminio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Magnesio
Información xeral
Nome, símbolo, número Magnesio, Mg, 12
Serie química Metáis alcalinotérreos
Grupo, período, bloque 2, 3, s
Densidade 1738 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Branco prateado
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 24,304 - 24,307[1] u
Radio medio 150 pm
Radio atómico (calc) 145 pm
Radio covalente 130 pm
Radio de van der Waals 173 pm
Configuración electrónica [Ne]3s2
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación
Óxido
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido (paramagnético)
Punto de fusión 923 K
Punto de ebulición 1363 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización kJ/mol
Entalpía de fusión 8,954 kJ/mol
Presión de vapor 361
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,31
Calor específica 1020 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 22,6 × 106 S/m
Condutividade térmica 156 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 737,7 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1450,7 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 7732,7 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
24Mg 78,99 % estable con 12 neutróns
25Mg 10 % estable con 13 neutróns
26Mg 11,01 estable con 14 neutróns
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O magnesio é o elemento químico de símbolo Mg e número atómico 12. É o sétimo elemento en abundancia constituíndo da orde do 2% da cortiza terrestre e o terceiro máis abundante disolto na auga de mar. Emprégase primordialmente como elemento de aliaxe.

Principais características[editar | editar a fonte]

O magnesio é un metal bastante resistente e lixeiro, un 30% máis lixeiro có aluminio, de cor prateada que perde o brillo cando se expón ao aire. Pulverizado inflámase cando se expón ao aire ardendo cunha chama branca. En anacos maiores é difícil que se inflame pero pode suceder se se curta en láminas delgadas, polo que no mecanizado as labras han de manexarse con precaución.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Obxectos de magnesio.

Os compostos de magnesio, principalmente o seu óxido, úsanse como material refractario en fornos para a produción de ferro e aceiro, metais non férreos, cristal e cemento, así como en agricultura e industrias química e de construción.

O uso principal do metal é como elemento de aliaxe do aluminio, empregándose as aliaxes aluminio-magnesio en envases de bebidas. As aliaxes de magnesio, especialmente magnesio-aluminio, empréganse en compoñentes de automóbiles, como lamias, e en maquinaria diversa. O metal ademais, adiciónase para eliminar o xofre do aceiro e o ferro. Outros usos son:

  • Aditivo en propelentes convencionais.
  • Obtención de fundición nodular (ferro-silicio-Mg) xa que é un axente esfirilizante/nodulizante do grafito.
  • Axente redutor na obtención de uranio e outros metais a partir das súas sales.
  • O hidróxido (leite de magnesia), o cloruro, o sulfato (sales Epsom) e o citrato empréganse en medicina.
  • O po de carbonato de magnesio (MgCOu3) é utilizado polos atletas como ximnastas e levantadores de peso para mellorar o agarre dos obxectos.
  • Outros usos inclúen flashes fotográficos, pirotecnia e bombas incendiarias.

Papel biolóxico[editar | editar a fonte]

O magnesio é importante para a vida, tanto animal como vexetal. A clorofila é unha substancia complexa de porfirina-magnesio que intervén na fotosíntese.

É un elemento químico esencial para o home; a maior parte do magnesio atópase nos ósos e os seus ións desempeñan papeis de importancia na actividade de moitas coenzimas e en reaccións que dependen do ATP. Tamén exerce un papel estrutural, o ión de Mg2 ten unha función estabilizadora da estrutura de cadeas de ADN e ARN.

En función do peso e a altura, a cantidade diaria recomendada é de 300–350 mg, cantidade que pode obterse doadamente xa que se atopa na maioría dos alimentos, sendo as follas verdes das hortalizas especialmente ricas en magnesio.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome procede de magnesia, que en grego designaba unha rexión de Tesalia. O inglés Joseph Black, recoñeceu o magnesio como un elemento químico en 1755, en 1808 Sir Humphrey Davey obtivo metal puro mediante electrólise dunha mestura de magnesia e HgOu.

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

O magnesio é o sétimo elemento máis abundante na codia terrestre, así a todo non se atopa libre, aínda que entra na composición de máis de 60 minerais, sendo os máis importantes industrialmente os depósitos de dolomía, magnesita, brucita, carnalita e olivino.

Nos EEUU o metal obtense principalmente por electrólise do cloruro de magnesio, método que xa empregara Bunsen, obtido de salmoiras e auga de mar.

Isótopos[editar | editar a fonte]

O magnesio-26 é un isótopo estable que se emprega na datación xeolóxica, do mesmo xeito có aluminio-26, do que é fillo. Nas inclusións ricas en calcio e aluminio (CAI en inglés) dalgúns meteoritos, os obxectos máis antigos do sistema solar, atopáronse cantidades de Mg-26 maiores das esperadas que se atribúen ao decaemento do Al-26. Estes obxectos, cando se desprenderon en etapas temperás da formación dos planetas e asteroides non sufriron os procesos xeolóxicos que fan desaparecer as estruturas condríticas (formadas a partir das inclusións) e xa que logo gardan información sobre a idade do sistema solar.

Nos estudos comparáronse os ratios Mg-26/Mg-24 e Al-27/Mg-24, para determinar así, de forma indirecta, a relación Al-26/Al-27 inicial da mostra no momento en que esta se separou das rexións de po da nébula presolar a partir da que se formou o noso sistema solar.

Precaucións[editar | editar a fonte]

O magnesio é extremadamente inflamable, especialmente se está pulverizado. Reacciona exotérmica e rapidamente en contacto có aire ou a auga, polo que debe manipularse con precaución. O lume, de producirse, non se debe intentar apagar con auga.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]