Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
m Arranxos varios
Liña 4: Liña 4:
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Ramon Casas - MNAC- Fernando Álvarez de Sotomayor- 027257-D 006406.jpg|miniatura|Sotomayor visto por [[Ramon Casas]] ([[MNAC]]).]]
[[Ficheiro:Ramon Casas - MNAC- Fernando Álvarez de Sotomayor- 027257-D 006406.jpg|miniatura|Sotomayor visto por [[Ramon Casas]] ([[MNAC]]).]]
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.

Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da [[Escola de San Fernando de Madrid|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura [[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes|Exposición Nacional de Belas Artes.]] Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''.
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da [[Escola de San Fernando de Madrid|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura [[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes]]. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''.

En 1908 instalouse en [[Santiago de Chile]], de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En [[Chile]] a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], e chegou a dirixir o [[Museo do Prado]] en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala [[guerra civil española]], de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a [[Academia de Belas Artes de San Fernando]] a partir do ano 1953. En 1938 foi designado alcalde da [[A Coruña|Coruña]]<ref>[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do [[Museo do Prado]]</ref> e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas.

[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], Sotomayor, [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]

Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persigue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de ''Afonso XIII e a Duquesa de Santoña''. Algúns cadros mitolóxicos, como ''Leda'' ou'' Sátiro e ninfas'', pertencen tamén a este momento.

Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e [[Buenos Aires]] aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da ''Duquesa de Alba'' e do ''Duque de Híjar''. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como ''Ceres'', ''San Agustín'', ''San Vicente Ferrer'' ou ''O infortunio''.

Liña 24: Liña 24:
* AAVV: [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] (en [[DVD]]).
* AAVV: [[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] (en [[DVD]]).
* AAVV: ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
* AAVV: ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', [[Ir Indo Edicións]], 2010-2011, [[Vigo]].
* {{Versaleta|[[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e [[Antonio Quesada Porto|Quesada]]}}: ''Plástica Gallega'', p. 90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], ISBN 84-7231-603-3.
* {{Versaleta|[[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e [[Antonio Quesada Porto|Quesada]]}}: ''Plástica Gallega'', p.&nbsp;90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], ISBN 84-7231-603-3.
* {{Versaleta|[[José Manuel B. López Vázquez|López Vázquez, José Manuel]]}}: "El arte contemporáneo" en ''[[Enciclopedia temática de Galicia]]'', t. V-Arte, p. 185-189, Nauta, [[Barcelona]], [[1990]] {{Es}}, ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
* {{Versaleta|[[José Manuel B. López Vázquez|López Vázquez, José Manuel]]}}: "El arte contemporáneo" en ''[[Enciclopedia temática de Galicia]]'', t. V-Arte, p.&nbsp;185-189, Nauta, [[Barcelona]], [[1990]] {{Es}}, ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
* {{Versaleta|[[Francisco Pablos|Pablos]]}}: ''A pintura en Galicia | La pintura en Galicia'' (edición bilingüe), p. 56-62, [[Nigra Trea]], [[2003]], ISBN 84-95364-15-8.
* {{Versaleta|[[Francisco Pablos|Pablos]]}}: ''A pintura en Galicia | La pintura en Galicia'' (edición bilingüe), p.&nbsp;56-62, [[Nigra Trea]], [[2003]], ISBN 84-95364-15-8.

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 23:08

Álvarez de Sotomayor no seu estudio, 1921.

Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.

Traxectoria

Sotomayor visto por Ramon Casas (MNAC).

Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.

Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenga e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.

En 1908 instalouse en Santiago de Chile, de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En Chile a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de Afonso XIII, e chegou a dirixir o Museo do Prado en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala guerra civil española, de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando a partir do ano 1953. En 1938 foi designado alcalde da Coruña[1] e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.

Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persigue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de Afonso XIII e a Duquesa de Santoña. Algúns cadros mitolóxicos, como Leda ou Sátiro e ninfas, pertencen tamén a este momento.

Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en Xenebra e Buenos Aires aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da Duquesa de Alba e do Duque de Híjar. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como Ceres, San Agustín, San Vicente Ferrer ou O infortunio.

Unha boa parte da súa obra atópase en América, aínda que tamén é considerable o numero de óleos, acuarelas e debuxos reunidos pola Fundación Caixa Galicia.

Notas

  1. [1], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do Museo do Prado

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Juan González Regueral
 
Alcalde da Coruña
 
1939
Sucesor:
José Pérez-Ardá