Antonio Quesada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio Quesada Porto")

Antonio Quesada Porto, nado en Ourense o 14 de xuño de 1932 e finado en Vigo o 26 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como Xaime Quesada, Carlos Quesada ou Fernando Quesada, todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de Facenda. En 1953 consegue praza en Zamora, onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez García e Jesús Hilario Tundidor.

Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en 1966 a Vigo, onde residirá o resto da súa vida.

Pintor abstracto, destacou como paisaxista, con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o óleo (sobre lenzo ou madeira), e a serigrafía. Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Municipal de Ourense, o Bello Janeiro de Ferrol e o de Toledo, e en varias coleccións privadas e institucións públicas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]