Monte do Gozo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Camiño de Santiago]]
[[Categoría:Camiño de Santiago]]
[[Categoría:Montes galegos]]

Revisión como estaba o 13 de novembro de 2011 ás 21:36

Monumento no cumio do Monte do Gozo.

O Monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da Catedral.

Historia

Na idade media había no monte unha capela, mandada construír por Xelmírez en 1105, na que os peregrinos se axeonllaban en sinal de agradecemento por ter chegado ate ahí. Dende ese punto moitos dos peregrinos a cabalo facían o resto do camiño a pe (como Afonso XI) e outros remataban a súa peregrinación mesmo descalzos. Esa capela foi abandoada no século XVII.

En 1989 fixéronse no monte grandes obras para poder acoller alí a visita do papa Xoán Paulo II con motivo da multitudinaria Xornada Mundial da Xuventude.

Actualmente o Monte do Gozo dispón dunhas enormes instalacións para acoller peregrinos, que incluen un albergue con capacidade para centos de persoas, restaurante, cafetería, lavandería, tenda, campo de fútbol, e un gran auditorio descuberto no que teñen actuado bandas como Rolling Stones, Bruce Springsteen e Red Hot Chili Peppers entre outras, diante de ata 40000 persoas.

Galería

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas