Conversa usuario:JonnyJonny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, JonnyJonny!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 18:53, 14 de novembro de 2010 (UTC)

Replacement filing cabinet.svg
Arquivos
1, 2, 3

Índice

SM-liiga[editar a fonte]

Boas meu!! Xa vin a táboa!! Está moi chula!!!! Moito mellor que a que tiñamos, faltan algunhas tempadas de antes de que a liga se pechara, pero pouco a pouco, eu fixen un modelo (tirado por certo do teu da Liga Celta) para a liga (se cadra se che ocorre algo máis por poñer, eu non quería poñer estadios, como o ves ti?) e pouco máis, xa están todas as tempadas da KHL e agora quería ir facendo as finesas (as suecas co tempo, e as da NHL se cadra noutra vida, jajaja). Grazas por axudarme un pouco co tema do hóckey sobre xeo, o hóckey a patíns está bastante medrado, espero poder agrandar este tamén. Un saúdo!!!!! Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2013 ás 20:11 (UTC)

Moi boas Jonny!!! Antes de nada agradecerche o traballo nos artigos da SM-liiga e Elitserien, o certo é que eu non controlo moito da linguaxe e non estou moi posto en temas estéticos (coas cores e os escudos queda impresionante. Estou un pouco ás voltas coas tempadas da SM-liiga, mais atópome cun problema, que os play-offs son con 10 equipos... estiven mirando se había algún modelo para un sistema, digamos distinto, mais non hai na nosa wiki. Tentei traer o modelo da Wikipedia en finés, mais semella que hai algo que non vai ben (xa te comentei que non controlo moito de técnica), podes mirar se hai algunha posibilidade de crear un modelo dese tipo? Se precisas axuda coa lingua (aínda que se pode deducir), as fases son Wild card ("tarxeta de visita" persoalmente sóame mooooi raro, mais como vexas), Cuartos, Semis e Final (na ligazón o partido de JYP e KalPa é polo 3º posto, como supoño que deducirás). Moitas grazas de antemán, non te preocupes polo tempo, vai ao teu ritmo e se tardas un mes ou dous tampouco pasa nada. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 16:25 (UTC)
Incrible Jonny!!!! Quedou perfecto!!!!! Non facía falla que o fixeras tan rápido, mimáaa!!!!!!!!! Moitas grazas, para o que precises aquí me tes. Apertas!! Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 20:20 (UTC)
Parabéns polas melloras do artigo Jonny!! Igualei a táboa dos equipos coas do palmarés para darlle un pouco de uniformidade ao artigo. Creei tamén outras de estatísticas individuais (quédanme as dos porteiros), mais nestas teño o problema que non sei cómo poñelas unhas ao lado das outras... non te quería dar máis traballo, síntoo (eu tentarei cambiar a cor por unha que se asemelle máis á do logo da liga). Penso que está a quedar moi ben, e moi completo (tentarei buscar as nacionalidades dos xogadores por tempadas para completar o cadro que xa hai). Saúdos e nóvamente grazas e parabéns polo teu traballo!!! Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 23:04 (UTC)

RE: Superliga[editar a fonte]

Ok, non pasa nada!! Fai tódolos trocos que queras, eu só actualicei a información, non hai fallo (de feito nin me enterara). Graciñas, tentarei fixarme máis para non darte choio no futuro. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 00:44 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola JonnyJonny, agora as interwikis xa non se engaden no artigo, senón en wikidata, vas á páxina do artigo que crees noutra wikipedia, dáslle a onde pon editar ligazóns e engades o artigo en galego ao final da páxina. Un saúdo. --JaviP96 19 de marzo de 2013 ás 20:19 (UTC)

Marcador[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Lémbroche que tes un marcador "en uso" no artigo Australian Football League dende o 14 de novembro. Non é que o quera editar eu (que teño choio abondo), é máis que nada por se non te lembrabas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 01:19 (UTC)

nomes de artigos[editar a fonte]

Ola, JonnyJonny! Movín o artigo que creaches co nome de "Ailuropoda melanoleuca" a Oso panda, pois o criterio seguido na Galipedia para animais e plantas é usar como título principal o nome común e como redirección os nomes científicos. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de marzo de 2013 ás 03:03 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola JonnyJonny.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata. Nota: Pode ser que o Wikidata non funcione en Internet Explorer.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Agora xa os interwikis como antes (os que ía en cada artigo de cada Wikipedia, non se engaden. Un saúdo e a seguir! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 00:04 (UTC)

División de Honra de Rugby[editar a fonte]

Creo que as tempadas da División de Honra de Rugby habería que engadilas na categoría Categoría:División de Honra de Rugby. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 00:13 (UTC)

Magners League[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Vin que retiraches varios contidos de varias tempadas da Magners League, retirando a táboa cos datos dos equipos e nalgunha ocasión dos máximos anotadores. Hai tempo que non ando moi metido no do rugby, déixoche facer que tamén penso que controlas máis do tema, se me permites unha suxerencia, incluiría os adestradores dos distintos equipos e os capitáns en cada tempada (por exemplo). Bo traballo!!! Unha aperta!!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2013 ás 18:46 (UTC)

Confío en ti!! Sei que quedarán perfectas, e logo do visto coas melloras que fixeches co hóckey sobre xeo, quedaran estéticamente xenial. Apertas compañeiro!!! Piquito (conversa) 22 de abril de 2013 ás 19:00 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:18 (UTC)

Axudiña con equipos[editar a fonte]

Boas Jonny, mira, hai dous artigos, o CDUP e o División de Honra de Rugby 2011-2012, que teñen ligazóns rotas a ficheiro porque hai algún problema coa imaxe dos uniformes, como penso que ti estás afeito a fedellar nestas cousas, poderías amañalos cando teñas un momento libre? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de abril de 2013 ás 09:30 (UTC)

Grazas!, agora apareceu outro novo, o Club Alcobendas Rugby, cando podas, daslle un repasiño? Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2013 ás 11:28 (UTC)

DEL[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!!! Deixei un comentario en Conversa:Deutsche Eishockey Liga, se o podes ler a ver qué che parece. Dígocho porque creaches ti o artigo e antes de facerlle nada prefiro consultar contigo. Apertas!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 10:21 (UTC)

Grazas pola argumentación e pola táboa que engadiches ao artigo, queda pois así. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 16:08 (UTC)

Adler[editar a fonte]

Perdoa meu!! Non sabía que o ías facer!!! Deberiamos tentar estandarizar un pouco as caixas de información dos equipos, eu non estaba a poñer imaxe nos pavillóns porque non sempre hai imaxes (como desgraciadamente pasa tamén cos uniformes) e no caso de haber imaxe dos uniformes paréceme moita foto para a caixa, mais se queres póñolles aos equipos que hai xa da SM-liiga, Elitserien, KHL, etc. Púxenme a estandarizar un pouco todo o tema das liga para que quedaran os cadros como os que fixeras ti (que estéticamente están moito mellor que o que xa había), mais atopeime coa liada da NHL e a KHL, eu persoalmente non creo que deban ter os mesmos cadros porque o sistema de competición é un tanto distinto e, especialmente na KHL, son moitos países os que toman parte na competición e penso que coa bandeira está ben, e ao ser por conferencias penso que o cadro de equipos está perfecto ao estilo da NBA para non complicarnos... non sei o que opinas, calquer cousa que se che ocorra será benvida. Apertas!!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 17:29 (UTC)

Non hai fallo!! O dicía máis que nada porque cos equipos da SM-liiga (que si teñen unha imaxe dos uniformes que se pode incluir) quedan moitas imaxes. Bo traballo!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 17:39 (UTC)

Elitserien[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!!! Podes opinar sobre o que expoño na Conversa:Elitserien? Xa que ti engadiches as imaxes penso que debo preguntarche antes de facer eu nada. Xa sei que cho dixen unhas cantas veces, mais nóvamente parabéns polos cambios estéticos que fixeches coas principais ligas de hóckey sobre xeo da Galipedia!!! Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 15:28 (UTC)

Imaxes de golf en Galicia[editar a fonte]

Jonny, se te animas a seguir cos artigos de golf, que saibas que tes un par de fotos dispoñibles en Commons:Category:Golf courses in Galicia (Spain). E máis dunha ducia, que se poden subir (con licenza libre), en Flickr [1].

Se che interesa algunha e non sabes subila, de Flickr a Wikimedia Commons, dimo e súboas eu.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 12:01 (UTC)

Bandeirismo. Bandeiras institucionais asociadas a clubs deportivos privados[editar a fonte]

Se queres indicar que un club ten a súa sede dentro de Cataluña (non sei porqué habería que facer tal cousa, en todo caso o club ten a súa sede en Barcelona ou na localidade que sexa) non precisas de poñer bandeira ningunha, emprega as palabras.

Outra cousa son as seleccións nacionais. Esas si, obviamente, teñen relación cunha bandeira determinada.

É certo que está estendidísima a (mala) costume de abandeiralo absolutamente en tódalas wikipedias. Iso non quer dicir que sexa correcto. Consulta, por favor, calquera outra enciclopedia, fora da wiki. Algunha fai tal cousa?

As veces a argumentación non se sostén. Podemos pensar nun lector que non saiba de onde é o At. Madrid (por certo, os nomes dos clubs levan ligazón interna aos artigos de seu onde se explica, por suposto e entre outras cousas, onde é a súa sede) e resulta que esa mesma persoa é perfectamente capaz de distinguir de onde é a miniatura da bandeira vermella con sete entreliñas?!

E, si, penso que algún día habería que poñerse a revisar milleiros de artigos e erradicar esa práctica. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2013 ás 16:14 (UTC)

Non impoño, non, Dios me libre. Desfago e pídoche desculpas.
Tal como dis non hai unha "norma". Na wikipedia evitamos falar de normas (Wikipedia:Cinco piares), falamos máis ben de políticas. Políticas aprobadas pola comunidade e é certo que non a hai, e debería, mais eu, agora mesmo, non vou a investir a moita enerxía que suporía debater a fondo este tema ou expoñer á comunidade a proposta dunha política ao respecto.
Non fai falla ningunha "norma" que autorice a facer o que se crea máis correcto, unha mellora ou unha modificación nun artigo. Non hai "norma", e xamais a haberá, que obrigue a debater antes de facer calquera modificación. O que está claro é que non hai "norma" que diga que haxa que poñer bandeiriñas.
En todo caso o artigo queda como estaba. Perdoa se che incomodou a miña edición. Na Wikipedia, nesta e en todas, moi a miúdo, demasiado a miudo, moitos usuarios séntense incomodados polas guerras de bandeiriñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2013 ás 16:58 (UTC)

Camisetas de fútbol[editar a fonte]

Boas Jonny, poderías facerme un favorciño? Resulta que no artigo Real Club Celta de Vigo hai algunhas das equipacións que deben estar mal formateadas e a causa diso o artigo ten o aviso de que ten ligazóns rotas a ficheiro. Atopei polo menos dúas na sección Escudo e cores, pero podería haber máis, cando teñas un momento podes tentar amañalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 08:35 (UTC)

Grazas!, cando podas que non ten présa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2013 ás 08:49 (UTC)
Moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 00:38 (UTC)

LGT[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Creei o artigo Liga Galega de Traiñeiras 2012, mais non son quen de acceder á clasificación da LGT-B, tes información ao respecto? Tampouco teño información de qué equipos competiron polo ascenso á ACT. Se tes algunha información para completar o artigo será benvida. Moitas grazas meu!!! Piquito (conversa) 13 de agosto de 2013 ás 22:46 (UTC)

Boas compañeiro. A web de referencia para cousas do remo é todoremo.com. Nela tes tódolos datos que precisas. Eu levo uns días moi atarefado e non teño tempo para editar. - JonnyJonny (conversa) 14 de agosto de 2013 ás 07:54 (UTC)

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:14 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas JonnyJonny! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:02 (UTC)

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:46 (UTC)

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas JonnyJonny! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:56 (UTC)

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:19 (UTC)

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Proposta[editar a fonte]

Boas JonnyJonny! Que ben verte por aquí outra vez! Supoño que non andas con moito tempo, pero por se che interesa, xa que este ano hai Copa do Mundo de rugby, quería propoñerte mellorar algúns artigos relacionados, se queres podemos traballalos xuntos. Creo que sería boa idea mellorar o propio artigo da Copa do Mundo de Rugby, que é de calidade en inglés e en francés, ou artigos das principais seleccións (Noza Zelandia, Sudáfrica, Inglaterra...) E por que non conseguir propoñer algún deses artigos para calidade. Unha aperta!! Piquito (conversa) 8 de marzo de 2015 ás 23:50 (UTC)

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:38 (UTC)

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Imaxe borrada
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Ficheiro:Vista do Estadio de San Lázaro.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:Vista do Estadio de San Lázaro.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:File:Estadio Multiusos de San Lazaro.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Ficheiro:Vista do Estadio de San Lázaro.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Gunnex (conversa) 3 de maio de 2015 ás 07:01 (UTC)

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:47 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Benvido[editar a fonte]

Moi boas JonnyJonny! Benvido de novo!! Alédome de verte de novo pola wiki! Que vaia ben!!! Apertas!! --Piquito (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 22:11 (UTC)

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Super Rugby[editar a fonte]

Boas Jonny, se tes un momento, poderías revisar o artigo Super Rugby? Resulta que as imaxes das camisetas dos equipos non están correctas e ademais non estou seguro de que os últimos cambios estean ben, e como ti controlas do tema e xa cambiaches o artigo outras veces seguro que che será moito máis doado de facer ca min. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 10:48 (UTC)

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)

Pseudónimos[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

Rebenvido!![editar a fonte]

Hei JonnyJonny!! Benvido de novo! Sempre que te vexo polos "cambios recentes" alédame ver que aínda te pasas algo por aquí e colgas fotos do noso rugby!!! Supoño que non tes moito tempo para adicarlle á Galipedia, pero por se acaso propóñocho jajaja, animaríaste a mellonar o artigo da selección galega de rugby ou facer un da selección feminina? Estaría ben igualalo co da selección de fútbol e tentar levalo a calidade... a min o rugby gústame, pero quen sabe de verdade do tema es ti, polo que penso que ninguén mellor que ti para facer dese artigo un gran artigo. Boeno, se podes, e se non podes non pasa nada, aledareime de verte por aquí igual ;) Unha forte aperta!! Piquito (conversa) 19 de maio de 2016 ás 22:12 (UTC)

Pois a verdade é que extragalipédicamente vou moi ben, a verdade, galipédicamente vivín tempos mellores, pero aquí sigo a pesar de todo. Espero que che vaia todo ben, e nada, cando te pases por aquí e che apeteza xa sabes onde estou ;) A ver se me meto un pouco co rugby outra vez, entre a música clásica e o hóckey sobre xeo descoideino un pouco :O e fágolle un portal (o hóckey a patíns e o hóckey sobre neo xa teñen o seu, a ver se me poño co do rugby), se tes algunha idea de algún artigo completiño para destacar son todo oídos. Pois nada máis que desexarte de novo que todo che vaia ben. Apertas amigo! Piquito (conversa) 19 de maio de 2016 ás 23:34 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Se tes tempo... como o ves?[editar a fonte]

Boas JonnyJonny! Hai uns días propuxen o artigo Lista de xogadoras do equipo olímpico de hóckey sobre xeo do Canadá para calidade e un usuario votou neutro por consideralo curto, se tes un momentiño podes mirar se se che ocorre algo para amplialo? Inicialmente puxera a posición das patinadoras e a man de stick ou garda das patinadoras e as porteiras, mais había varias das que non encontrei datos (é o que ten o deporte feminino) e ao final optei por retirar a información. Pensei que como ti es o especialista en deportes quizáis me poderías axudar, aínda que é moi complicado que a votación saia adiante, polo menos pode quedar para un futuro. Unha alerta amigo! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2016 ás 20:57 (UTC)

Paula Medín[editar a fonte]

Ola Jonny.

Bótasme unha man co artigo desta rapaza?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2016 ás 21:39 (UTC)

Reflexións sobre os artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)

Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola JonnyJonny.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de febreiro de 2017 ás 06:43 (UTC)

Portal[editar a fonte]

Boas meu! Que tal todo? Estou a facer o Portal:Rugby, calquera idea sobre seccións que engadir ou artigos a destacar serán ben recibidas. En principio a idea é facer algo similar ao que fixen antes nos portais do hóckey a patíns e do hóckey sobre xeo, coas mesmas seccións (aínda que no caso do rugby pensei en engadir unha sección de curiosidades). Unha aperta!!

A pregunta que me fago agora é: deixar o portal rugby como xenérico ou empregalo para rugby XV? De deixalo como xenérico estaría ben crear os portais do XV, do league e mesmo do seven... ti que opinas? Serán demasiados portais relacionados co rugby? Non me parei a valorar isto, a verdade, comezou o Seis Nacións e toleei ;) Apertas!! Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 23:55 (UTC)
O certo é que agora tampouco lle vexo moito sentido ao das competicións: é interesante, pero ver cales engadir é un follón, puxen as de clubs, pero que non aparezan nin Seis Nacións nin Championship é extraño, porque ao final é o que coñece a maioría da xente que non está moi metida no deporte, pero mesturar todo como que non o acabo de ver. Non sei... Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 00:00 (UTC)

Os portais son, digamos, pequenas enciclopedias temáticas dentro da propia Galipedia, coa súa portada e os seus materiais destacados. Teño intención de traballar algúns artigos de seleccións e clubs nun futuro non moi lonxano (espero). Non sei se teñen moitas visitas, eu quería tentar dinamizalos un pouco, pero agora andan un pouco ocultos dende que se redeseñou a portada e deixaron de aparecer nela. A miña dúbida é se cres que sería boa cousa ter un portal xenérico sobre o rugby e logo específicos para as variantes... eu non o teño claro, porque aquí cando dis "rugby" todo o munto (ou case todo) entende que é o rugby XV, así que se cadra deixar o portal rugby para o XV e facer un específico para o rugby league (en inglés teñen tres: o xenérico, o 15 e o 13, mais se cadra deberiamos conformarnos con ter un para o 15 (de momento). Apertas!! Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 23:04 (UTC)

Si! Concordo en que basicamente as tres variantes son o mesmo deporte, ao que ía era que quizáis o portal xenérico pode ser conflitivo, porque nese portal terían que destacarse artigos de calquera das tres variantes indistintamente, mais a maioría da xente se ve un portal chamado "Rugby" vai asocialo directamente ao XV, non a un portal que fale das tres (non sei se me explico) O tema sería ver cal é a mellor opción, se chamarlle "Rugby" ao xenérico e "Rugby XV"/"Rugby union" ao XV, ou deixar "Rugby" para o XV e buscar algunha denominación para o xenérico... Si, raiome moito meu!! LOL Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 23:43 (UTC)

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)

Seis Nacións[editar a fonte]

Boas JonnyJonny!! Estou a ampliar aos poucos o artigo do Torneo das Seis Nacións, pensei en eliminar os campións de cada ano da páxina do artigo e poñelos nun artigo independente para que non sexa tan grande (e non deixará de medrar). Que opinas? Se concordas elimínoa. Apertas!!! Piquito (conversa) 24 de marzo de 2017 ás 20:47 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Política de protección/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Política de protección/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)

Terceira malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)

José Julio Álvarez Ruiz de Temiño[editar a fonte]

Boas JonnyJonny, o artigo José Julio Álvarez Ruiz de Temiño, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 09:44 (UTC)

Boas, ten o mesmo marcador Oriol Ripol Fortuny. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2017 ás 10:58 (UTC)

Lonxitude de artigos curtos[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)