Conversa usuario:Lles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Lles!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 19 de xaneiro de 2018 ás 09:34 (UTC)

Modelo:Biografía[editar a fonte]

Ola, Lles. O asunto das formas masculinas/femininas no artigo de Gerda Lerner creo que ten que ver coa información de Wikidata que le o Modelo:Biografía. Habería que adaptar o modelo para que lese as formas femininas. Vou deixar unha mensaxe en Conversa modelo:Biografía. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2018 ás 10:17 (UTC)

cita web[editar a fonte]

Ola, Lles; entendo que cando me dis que "usando a interface de citas introduce un parámetro obsoleto" te refires ao que puxeches en Conversa:Maternidade, non?

O Modelo:Cita web non usa o parámetro "coautores"; cando varias persoas comparten a autoría debes usar "nome1" "apelidos1", "nome2" "apelidos2" etc.. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 10:39 (UTC)

Vexo que xa solucionaches o problema. A interface avisa de que se detectou un problema, de cara a que calquera persoa o poda solucionar. En certo modo é como o detector de homónimos, o corrector ortográfico ou o detector de ligazóns rotas; o que fan é sinalar os erros, para que quen o vexa o corrixa. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 13:46 (UTC)
Pero xa o solucionaches ti. Mellor saber cal é o problema e aprender a solucionalo, non? :) A idea na Wiki é ir aprendendo sempre! Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 13:57 (UTC)
Pero cal é a túa proposta? Non acabo de comprender a que te refires. Na es:Plantilla:Cita web de Wikipedia en castelán existe o parámetro "coautores", que está en desuso porque a tendencia é usar "nombre#" e "apellido#". Se por confusión alguén engade na Wikipedia en galego o parámetro "coautores" no modelo de cita, sempre vai dar erro e sempre vai haber que solucionalo manualmente. O que se pode facer é que apareza unha suxestión dos parámetros "nome2" e "apelido2". Vou deixar aviso na páxina de Conversa modelo:Cita web por se alguén con coñecementos técnicos pode facer iso. Un saúdo --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xaneiro de 2018 ás 15:18 (UTC)

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Lles.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2018 ás 16:16 (UTC)

Ola Lles.
Se activas o detector que che dixen, verás as ligazóns a páxinas de homónimos marcadas en amarelo, por exemplo na páxina Conversa:Maternidade.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2018 ás 10:24 (UTC)

Maternidade[editar a fonte]

Ola, Lles;

Se consideras que Maternidade debe ser artigo de seu, coas correspondentes referencias e fontes, crea o artigo maternidade. Se despois alguén considera que o contido se debe fusionar con Nai pois pode debaterse, pero se ti cres que merece artigo propio, pois adiante. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de febreiro de 2018 ás 20:56 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Lles.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:23 (UTC)

Ola, Lles; co do recoñecemento referíame non só ás traducións; tamén ao creares un artigo partindo de cero, procura indicar no resumo de edición a orixe da información, para que quede no historial e se saiba de onde veñen as fontes. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:33 (UTC)
No corpo do artigo cómpre incluír as referencias, pero ao que me refiro e que é bo indicar no resumo da edición de onde se toma a información. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de febreiro de 2018 ás 13:45 (UTC)