Conversa usuario:Mboix

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Mboix!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 18 de marzo de 2015 ás 06:39 (UTC)[responder]

Despatriarcalizar a Wikipedia[editar a fonte]

Bo día, Montserrat, Acabo de descubrir a conversa https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(novas)#%22Un_curso_ense%C3%B1a_a_mujeres_a_editar_e_incluir_contenidos_en_Wikipedia_y_Galipedia%22, quedar abraiada e saber do teu traballo. Mágoa que xa non chego a tempo de coñecerte. O traballo de despatriarcalizar a Wikipedia é tan inmenso que eu hai tempo que estou perdida. Non sei onde centrarme. https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Despatriarcalizar_a_Wikipedia . Estou lendo a Carme Adán "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión" e non sei sequera se é posíbel porque non encaixamos cun dos piares sobre os que se sostén a Wikipedia, crer que a neutralidade existe. Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 07:30 (UTC)[responder]

Te traduzco por si la TA no es buena:

Buenos días, Montserrat, Acabo de descubrir la conversación https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(novas)#%22Un_curso_ense%C3%B1a_a_mujeres_a_editar_e_incluir_contenidos_en_Wikipedia_y_Galipedia%22, quedar atónita y saber de tu trabajo. Qué pena que ya no llego a tiempo de conocerte. El trabajo de despatriarcalizar la Wikipedia es tan inmenso que yo hace tiempo que estoy perdida. No sé dónde centrarme. https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Despatriarcalizar_a_Wikipedia . Estoy leyendo a Carme Adán "Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión" y no sé siquiera si es posible porque no encajamos con uno de los pilares sobre los que se sostiene la Wikipedia, creer que la neutralidad existe. Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 07:40 (UTC)[responder]

Podes escribirme en castelán, catalán..., entendo os dous. Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 07:47 (UTC)[responder]

Eu digo que o piar da neutralidade é problemático en canto a que, seguindo a Carme Adán, é "un valor máis en xogo que tende a ser enarbolado para impoñer unha visión dominante ou hexemónica fronte a outras" (páx. 36) Lles (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 09:21 (UTC)[responder]