Saltar ao contido

Chan pegañento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chan pegañento
 Instancia de
Características
 Aspecto de
Wikidata

Chan pegañento[1] é unha metáfora empregada para explicar factores de suxeición das persoas á base da pirámide económica.[2] É usada con frecuencia para explicar os factores que lastran as mulleres.[3][4]

Este concepto de “chan pegañento” (sticky floor), emprégase para tentar explicar a realidade laboral de gran parte da man de obra feminina. Este lema faise eco dos factores que describen a baixa calidade do emprego feminino, así como o maior índice de rotación laboral que afecta ás peor situadas. Son as mulleres quen protagoniza o tempo parcial e a temporalidade e adoitan concentrarse en sectores de actividade e ocupacións vinculadas a tarefas de limpeza e coidados e atencións persoais. Empregos onde se dan as peores condicións laborais e os máis baixos salarios, e nos que o “teito de cristal” non adoita constituír dificultade algunha.[5]

A persistencia dos estereotipos de xénero, a pesar da transformación do mundo do traballo, mantén separados a homes e mulleres en espazos paralelos, que asignan mellor remuneración e status en función da pertenza aos chanzos máis altos da economía produtiva e castigan ás responsabilizadas do ámbito doméstico.[6] O mercado de traballo como elemento emancipador segue sendo un espazo maioritariamente vedado a millóns de mulleres activas do país, que seguen confinadas en sectores de menor cualificación, remuneración e escaso valor engadido.

  1. ↑ https://www.genderportal.eu/sites/default/files/resource_pool/Glosario.pdf
  2. ↑ Milagros Pérez Oliva (16 de xuño de 2018). "El suelo pegajoso" (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2019.
  3. ↑ Marcos Pérez Pena (2 de marzo de 2019). "Teito de cristal ou chan pegañento? Os obstáculos das mulleres para acceder a espazos de poder". Praza Pública. Consultado o 15 de abril de 2019.
  4. ↑ Cristina Pérez (16 de xullo de 2018). "El empleo femenino se precariza y "el suelo pegajoso" retiene a las mujeres en los puestos peor pagados". RTVE. Consultado o 15 de abril de 2019.(en castelán)
  5. ↑ Torns Martín, Teresa; Recio, Carolina (2012). "Las desigualdades de género en el mercado de trabajo: entre la continuidad y la transformación". REC Revista de economía crítica (14): 178–202. ISSN 2013-5254.
  6. ↑ "“La segregación ocupacional perpetúa interesadamente la discriminación laboral de las mujeres” A.Otaegui". CCOO País Valencia (en castelán). Consultado o 2025-11-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Obdulia M. Torres González; Bernadette Pau (2011). ""Techo de cristal" y "suelo pegajoso". La situación de la mujer en los sistemas alemán y español de ciencia y tecnología". Revista iberoamericana de ciencia, tecnología y sociedad 6. ISSN 1668-0030. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns

[editar | editar a fonte]